venres, 11 de febreiro de 2022

Día da nena e a ciencia.

OOOOLA!!

Este martes 8 todo o alumnado de primaria do colexio participou nunhas charlas virtuais argalladas por a asociación Aseica por mor do Día da Nena e a Ciencia. A través da iniciativa CONÓCELAS 2022, Aseica presenta ás "Detectives del cáncer".

Son un equipo que potencia a labor das mulleres investigadoras de cancro en España, concienciado a o alumnado dos colexios para que estuden ciencias, e que coñezan ás investigadoras que hai detrás de cada bata.

Marta Barturen foi a investigadora que  falou co alumnado de  1°, 2° e 3° de Primaria conectándose por Weebex.

Contestou as preguntas que tiñan preparadas e as que xurdiron ao longo da súa presentación.

No caso de 4°, 5° e 6° de Primaria,  conectáronse e charlaron coa científica Sofía Tirado.

 Nas tres aulas  quedaron encantadas coa presentación que fixo. A participación do alumnado foi moi activa.


 
Explicaron cando decidiron e porqué escoller carreiras de ciencias,

 canto tiveron que estudar, como e porqué decidiron adicarse elas á investigación.

Contaron tamén que traballaban en Equipos Cooperativos, compartindo os avances e os descubrimentos que facían.

Todo isto contáronllo cunha presentación moi didáctica e ilustrativa, bastante amena e axeitada aos distintos grupos de alumnas e alumnos.

Quedóulles ben claro que para entrar no laboratorio cómpre poñer sempre bata e as luvas para non contaminar ningún dos experimentos do equipo.

Grazas por compartir con nós esta experiencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario