martes, 22 de marzo de 2022

Día da Poesía

OOOOLA!!




HOXE CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA POESÍA. 


DEDICAMOS A SEMANA PASADA A LER E ESCOLLER POEMAS DE DIFERENTES AUTORES E AUTORAS      

 6º PRIMARIA RECITA PARA 4º INFANTIL 

PARA PODER AGASALLAR ÁS OUTRAS CLASES CO RECITADO DESTAS POESÍAS.

 5º PRIMARIA RECITA PARA 5º INFANTIL 

AO LONGO DAS SESIÓNS DE HORA de LER,

 4º PRIMARIA RECITA PARA 2º PRIMARIA 
PEQUENOS GRUPOS DE ALUMNAS E ALUMNOS FORON
 3º PRIMARIA RECITA PARA 1º PRIMARIA 
ROTANDO POLAS OUTRAS AULAS PARA LER OU
 2º PRIMARIA RECITA PARA 6º PRIMARIA 

 RECITAR POEMAS DE:GLORIA FUERTES,

 1º PRIMARIA RECITA PARA 5º PRIMARIA 

MARISA LÓPEZ DÍAZANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, 

 6º INFANTIL RECITA PARA 3º PRIMARIA 

 MANUEL MARÍA,ANISIA MIRANDA,FRAN ALONSO,...

 5º INFANTIL RECITA PARA 3º PRIMARIA  

HOXE TAMÉN CONMEMÓRASE DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN.
O COLEXIO SUMOUSE A PROPOSTA DE DOWN GALICIA  "GRACIAS POR TANTO” :

ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS

domingo, 20 de marzo de 2022

O SALÓN 2022

OOOOLA!!
 ESTE CURSO VOLVEMOS NOVAMENTE DE VISITA AO  SALÓN DO LIBRO NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA.
           
ESTA XXIII EDICIÓN ESTÁ DEDICADA Á ARTE:        
  CON MOITA ARTE! 
PARTICIPAMOS UNHA VEZ MÁIS COMO CENTRO COLABORADOR CUN TRABALLO FEITO COA COLABORACIÓN DE TODO O ALUMNADO DESTE CURSO E POÑENDO EN VALOR AS PEGADAS QUE DEIXARON NO COLEXIO DA PONTE AS ALUMNAS E OS ALUMNOS DE CURSOS ANTERIORES.
Xogo da Garceta

PARA FACER ESTE MONTAXE, RECOLLEMOS INFORMACIÓN DE LUGARES, FAUNA E TRADICIÓNS PROPIAS DA NOSA CONTORNA E TRANSFORMÁMOLA NUN “XOGO DA OCA” MOI PARTICULAR.

Taboleiro do Xogo
ILUSTRAMOS AS CASAS CON DEBUXOS E IMAXES EMPREGANDO DIFERENTES TÉCNICAS CREATIVAS PARA REFLECTIR E POÑER EN VALOR A NOSA MARABILLOSA CONTORNA.

VIAXAMOS ATA PONTEVEDRA EN AUTOBÚS E LOGO DA MERENDA PASEAMOS POLA BEIRA DO RÍO LÉREZ  NAMENTRES CHEGABA A HORA DA ENTRADA.

ORBIL SAÍU RECIBIRNOS COAS MONITORAS DO SALÓN.

REPARTÍRONOS EN GRUPOS, OS MAIORES PARA IR VER O ESPECTÁCULO E 

 AO CONTACONTOS O ALUMNADO MÁIS NOVO CON TAREIXA, DE PAVÍS PAVÓS.

 

CANDO FINALIZARON ESTAS ACTIVIDADES, AS MONITORAS DO SALÓN LEVÁRONOS POR TODO O RECINTO EN PEQUENOS GRUPOS ENSINANDO E EXPLICANDO O PORQUÉ DE CADA SALA MAILA SÚA RELACIÓN CO ARTE.


DÉIXOVOS UN RESUMO EN IMAXES DESTA ACTIVIDADE



ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS


martes, 1 de marzo de 2022

FEEEESTA!

  OOOLA!! 

  O DÍA XA PROMETÍA


 
APROVEITAMOS ESTE MAGNÍFICO VENRES SOLLEIRO  PARA GOZAR DA FESTA DO ENTROIDO NO PATIO.

 OLLADE A VARIEDADE E INXENIO DOS DESFRACES QUE TROUXESTES EN CADA CURSO. 

Clase de 6º de Primaria

Clase de 5º de Primaria

Clase de 4º de Primaria
Clase de 3º de Primaria
Clase de 2º de Primaria
Clase de 1º de Primaria
Clase de 6º de Infantil
                                                                 Clase de 5º de Infantil
 Clase de 4º de Infantil 

COMO PODEDES VER, HOUBO PARA TODOS OS GUSTOS E CORES; DESFILARON NINJAS, CIENTÍFICAS, PERSONAXES DE CONTO, SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES, ANIMALIÑOS, PIRATAS, POLICÍAS, UN EQUIPO DE RUGBY...

ANTES DE COMEZAR A FESTA TOCOU MERENDAR AS LARPEIRADAS TÍPICAS DO ENTROIDO. 

CANDO TODAS AS CLASES ESTIVERON PREPARADAS NO SEU LUGAR CHEGOU O MOMENTO DO DESFILE.

VOLUNTARIOS PRESENTANDO

 TODA A RAPAZADA DESFILOU AMOSANDO O SEU DISFRACE ESCOITANDO AS RIMAS TRABALLADAS PARA ACOMPAÑAR OS DIFERENTES ATAVÍOS.

VOLUNTARIOS LENDO AS RIMAS DOS DISFRACES

A VERDADE QUE MÁIS DE UN, SEMELLABA MÁIS PARTICIPAR NUNHA CARREIRA DE VELOCIDADE QUE NUN DESFILE REPOUSADO.

RETOMAMOS AS REGUEIFAS ENTRE AS CLASES DE 5º E 6º DE PRIMARIA, MONTE PORRAZO E SOUTO LEÑAZO. 


 NESTA BATALLA DIALÉCTICA  CLARAMENTE HOUBO EMPATE TÉCNICO DE INXENIO ENTRE ÁMBALAS DÚAS CLASES.

O GALO CANTARICO SAÍU DO GALIÑEIRO PARA DEIXARSE DESPLUMAR POLA RAPAZADA DE INFANTIL.

    Cantarico chegando ao seu corral     

DESTA VEZ NON LLE TOCOU SUAR DEMASIADO CO ALUMNADO DE TRES ANOS, CANTARICO ACHEGOUSE BEN E DEIXOUSE ARRINCAR AS PLUMAS PASENIÑO.

4º DE INFANTIL DESPLUMANDO A CANTARICO POR PRIMEIRA VEZ

 CAMBIOULLE O CONTO EN CANTO CHEGOU A QUENDA A 5º E 6º DE INFANTIL.

5º DE INFANTIL DESPLUMANDO A CANTARICO

6º DE INFANTIL PREPARADO PARA DESPLUMAR A CANTARICO

6º DE INFANTIL DESPLUMANDO A CANTARICO
 
6º DE INFANTIL DESPLUMANDO A CANTARICO

CANTARICO ESCAPANDO DESPLUMADO

XA SABÍAN O QUE HABÍA E DESPLUMÁRONO ENSEGUIDA E ANDREA-CANTARICO SOUBO O COMPLEXO QUE É VESTIR AO NOSO GALO, ISO SI, DEIXANDO O PAVILLÓN BEN ALTO.

REMATAMOS A FESTA BAILANDO UN POUQUIÑO NO PATIO E RECOLLENDO AS PLUMAS DO GALO QUE QUEDARON POLO CHAN.

GRACIÑAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POR TODA A AXUDA PRESTADA.

CONTAMOS PODER FACER FESTA RACHADA TODOS E TODAS O PRÓXIMO CURSO E VÉNDONOS XA AS CARAS.

AQUÍ  VOS  DEIXO UN RESUMO EN IMAXES DO DESFILE:
ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS