domingo, 20 de marzo de 2022

O SALÓN 2022

OOOOLA!!
 ESTE CURSO VOLVEMOS NOVAMENTE DE VISITA AO  SALÓN DO LIBRO NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA.
           
ESTA XXIII EDICIÓN ESTÁ DEDICADA Á ARTE:        
  CON MOITA ARTE! 
PARTICIPAMOS UNHA VEZ MÁIS COMO CENTRO COLABORADOR CUN TRABALLO FEITO COA COLABORACIÓN DE TODO O ALUMNADO DESTE CURSO E POÑENDO EN VALOR AS PEGADAS QUE DEIXARON NO COLEXIO DA PONTE AS ALUMNAS E OS ALUMNOS DE CURSOS ANTERIORES.
Xogo da Garceta

PARA FACER ESTE MONTAXE, RECOLLEMOS INFORMACIÓN DE LUGARES, FAUNA E TRADICIÓNS PROPIAS DA NOSA CONTORNA E TRANSFORMÁMOLA NUN “XOGO DA OCA” MOI PARTICULAR.

Taboleiro do Xogo
ILUSTRAMOS AS CASAS CON DEBUXOS E IMAXES EMPREGANDO DIFERENTES TÉCNICAS CREATIVAS PARA REFLECTIR E POÑER EN VALOR A NOSA MARABILLOSA CONTORNA.

VIAXAMOS ATA PONTEVEDRA EN AUTOBÚS E LOGO DA MERENDA PASEAMOS POLA BEIRA DO RÍO LÉREZ  NAMENTRES CHEGABA A HORA DA ENTRADA.

ORBIL SAÍU RECIBIRNOS COAS MONITORAS DO SALÓN.

REPARTÍRONOS EN GRUPOS, OS MAIORES PARA IR VER O ESPECTÁCULO E 

 AO CONTACONTOS O ALUMNADO MÁIS NOVO CON TAREIXA, DE PAVÍS PAVÓS.

 

CANDO FINALIZARON ESTAS ACTIVIDADES, AS MONITORAS DO SALÓN LEVÁRONOS POR TODO O RECINTO EN PEQUENOS GRUPOS ENSINANDO E EXPLICANDO O PORQUÉ DE CADA SALA MAILA SÚA RELACIÓN CO ARTE.


DÉIXOVOS UN RESUMO EN IMAXES DESTA ACTIVIDADE



ABURIÑO!!

¡OLLO!  COAS DISTANCIAS


Ningún comentario:

Publicar un comentario