ESTE ANO CORRESPONDEULLE A HONRA DE SER ESCOLLIDO COMO AUTOR HOMENAXEADO NO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
AO POETA
FLORENCIO MANUEL
DELGADO GURRIARÁN
NADO EN CÓRGOMO DE VALDEORRAS, NA PROVINCIA DE OURENSE NO ANO 1903.
EN CADA AULA, A PARTE DE AFONDAR NA VIDA E OBRAS DO AUTOR E USAR OS RECURSOS DO SEMINARIO GALÁN,
ILUSTRARON UN CARTEL LOGO DE ESCOITAR E TRABALLAR UN POEMA DIFERENTE EN CADA CURSO,
QUE SE CORRESPONDÍA AS DISTINTAS ETAPAS DA SÚA VIDA.
PARA ELABORAR ESTES CARTEIS, HOUBO QUE FACER UNHA POSTA EN COMÚN
E ESCOLLER EN CADA CURSO DEBUXOS, TEXTOS,
ADEMAIS DA MONTAXE MÁIS AXEITADA PARA ILUSTRAR CADA POEMA.
LOGO DESTAS TAREFAS, MONTAMOS UN GRAN MURAL COLABORATIVO NO CORREDOR DA PLANTA BAIXA COAS DISTINTAS CREACIÓNS.
COMO RESULTADO FINAL DO TRABALLO CONXUNTO DE TODOS OS CURSOS, XURDIU ESTE GRAN MURAL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario