mércores, 8 de xuño de 2022

Pontenciencia

Participamos un curso máis na

‘IX Feira da Mini Ciencia de Pontevedra:

 PontenCiencia 2022’

Nesta edición presentamos dous proxectos, un por aula, no apartado de 

 Ciencia No Cole.

A clase de 5º de Primaria “O mellor amigo contra o frío: Poliéster vs Algodón” 

Na aula de 6º de Primaria prepararon “A movida das cores.

 

Comezaron a andaina no mes de febreiro cun obradoiro impartido no colexio sobre Métodos de Investigación, no que lles ensinaron como realizar unha investigación mailo protocolo a seguir de xeito lóxico e organizado e a forma de conseguir que os resultados obtidos nas súas indagacións foran tanto reproducibles como fiables.


Traballaron arreo para poder presentar as conclusións das investigacións realizadas o venres 20 cando fixeron a primeira exposición diante dunha colaboradora do certame, que lles deu algunha orientación para optimizar a presentación dos proxectos.

O alumnado de sexto preparou un Scrap book cos resultados obtidos.

Na clase de quinto curso prepararon un tríptico para explicar polo miúdo a investigación e os resultados da mesma.

Acercáronse o xoves a tardiña para montar o stand do colexio na EU de Forestais en Pontevedra.

Quedou montado o noso stand ben lucido e curioso.

O venres 27 de maio á mañá foron defender cadanseu proxecto do apartado Ciencia no Cole en Pontevedra 

Marta e Diana defendendo o proxecto 


"O mellor amigo contra o frío: Poliéster vs Algodón" 5º Primaria 

Andrea e Ánxela defendendo o proxecto

"A movida das Cores" 6º Primaria 

As defensoras dos proxectos do colexio contentas e relaxadas xa.

Gozaron con diferentes actividades e obradoiros  ao longo do día organizados para os participantes no certame.

A investigación da clase de 5º de Primaria acadou o segundo premio da novena edición de PontenCiencia 2022.

Menuda ledicia transmiten posando logo de recibir o premio. 


Noraboa polo traballo ben feito a todo o alumnado participante e aos mestres Manoli e Alejandro por guialos e polo traballo que levastes.

Somos noticia:

https://www.pontevedraviva.com/xeral/82156/pontenciencia-obradoiros-formacion-metodo-cientifico/

 https://www.pontevedraviva.com/xeral/85516/nueva-edicion-pontenciencia-convertira-campus-exhibicion-talento-escolar-homenaje-mujer-investigadora/?lang=gl

https://www.pontevedraviva.com/xeral/85665/novena-edicion-pontenciencia-ganadores/

https://www.pontevedraviva.com/xeral/85643/cerca-500-escolares-defienden-proyectos-cientificos-pontenciencia/

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/05/28/pontenciencia-premia-mejores-proyectos-investigacion-66638680.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario