domingo, 13 de novembro de 2022

Magosto

   OOOOLA!! 
  


MENOS MAL QUE CHEGOU O VERANIÑO DE SAN MARTIÑO E FIXO UN DÍA FANTÁSTICO CON SOL E  TEMPERATURA ESTUPENDA PARA GOZAR DAS ACTIVIDADES DO MAGOSTO NA COMPAÑA DAS FAMILIAS.

NO CUBERTO XOGAMOS COAS CHAPAS, ESCRIBIMOS O NOME DENTRO E  BOTAMOS UNHAS CARREIRAS

APRENDEMOS XOGAR ÁS BOLAS NO AREEIRO


APROVEITANDO A HERBA BEN CORTADIÑA, BOTAMOS UNHAS BOAS  CARREIRAS COS SACOS E UNHA RISAS

  TENTAMOS BAILAR O TROMPO, PROBAMOS VARIAS VECES SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS QUE NOS DABAN E AS VECES CONSEGUIMOS QUE BAILARAN

 

XA LEVAMOS UNS CURSOS PROBANDO A RODAR OS AROS,

  NIN TAN MAL  

A NOVIDADE DESTE ANO FOI O DESCUBREMENTO DOS CARRIÑOS 



QUE TIVERON UNHA GRANDE ACOLLIDA POLA NOVIDADE E POLO DIVERTIDO QUE ERAN

  

COS ZANCOS DE CORDEIS ANDARON ATA A RAPAZADA MÁIS NOVA, COS DE MAN XA HABÍA QUE TER UN POUCO DE MAÑA E MOITO EQUILIBRIO

CONTINUAMOS COAS ROTACIÓNS INDO XOGAR COAS BILLARDAS


HOUBO MOITOS INTENTOS DE TIRAR AS BILLARDAS, MÁIS FALTA UN POUQUIÑO  DE PRÁTICA

 XOGAMOS TAMÉN A SALTAR Á CORDA E SALTAR A GOMA

CONTINUAMOS CON XOGOS POPULARES, TENTAMOS LEVAR UNHA CASTAÑA DE DIFERENTES FORMAS: CUNHA CULLER, ENFRONTADOS CO BANDULLO ENTRE DOUS, COA FRONTE,...

 E FINALIZAMOS A ROTACIÓN CO XOGO DAS CADEIRAS MUSICAIS 

QUE TRIUNFA EN TODAS PARTES E AS RISAS ESTÁN GARANTIZADAS

NON SEI SE ME DEIXO ALGÚN XOGO TRADICIONAL, PERO ESTOU EMOCIONADO POLO BEN QUE O PASAMOS.

AGRADECÉMOSLLE  A TODAS AS FAMILIAS QUE COMPARTIRON CON NÓS ESTA FABULOSA E TRADICIONAL XORNADA DE OUTONO. 

ÁS FAMILIAS QUE PUIDERON VIR,  XOGAR E APRENDERNOS TODOS ESTES XOGOS QUE NON DEBEMOS ESQUECER E ÁS QUE TAMÉN COLABORARON APORTANDO LEÑA E CASTAÑAS PICADAS PARA PODER PAPALAS LOGO ASADAS AO REMATE DOS XOGOS.


GRACIÑAS UN ANO MÁIS A  JOSE , O NOSO CASTAÑEIRO PARTICULAR.

 
   O PRÓXIMO ANO, MÁIS!!   

APERTAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario