venres, 12 de maio de 2023

Plan Director 2022-23

 Este curso escolar no centro escolar solicitouse de novo formar parte do programa ciberexpert@s da Policía Nacional.

O programa está desenvolvido no marco do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a  súa contorna.

no mes de febreiro viñeron da comisaría da policía nacional de pontevedra dous axentes para realizar as sesións de formación , nas que aprenderon, sobretodo, o que   "non debía facerse".
logo de cinco xornadas de formación, o alumnado de 6º curso de primaria realizou unha proba para conseguir cadanseu carné de ciberexpert@s.
 Hoxe viñeron a facer entrega, persoalmente, os carnés  a subdelegada do goberno de pontevedra, maica larriba
a inspectora jefa de seguridade cidadana xunto con o inspector de participación ciudadana   e Antón, o policía que leva varios cursos vindo ao noso colexio nas anteriores convocatorias de ciberexpert@s.

Somos Noticia

Ningún comentario:

Publicar un comentario