Dentro do Calendario do Libro e da Lectura, coincidindo coa data do seu nacemento no ano 1837, o 23 de febreiro celébrase o
Día de Rosalía de Castro
Sabemos que os pensamentos eran as frores que máis lle gostaban a Rosalía.
Adicámoslle no colexio este curso aos PENSAMENTOS cos diferentes significados da palabra e conseguimos
"Un xardín para Rosalía"
Prantamos nas xardiñeiras da entrada cada clase unhas prantas cun "pensamento" en cada unha.
Cada curso decorou con diferentes técnicas plásticas unha cartulina cun pensamento e escribiu un dos seus poemas.
Na hora de ler, xuntámonos na sala de usos múltiples todo o colexio e limos os versos plasmados en cada Pensamento decorado.
Todos os traballos quedaron a carón do mural que fixeran voluntari@s
O corredor adicouse a ROSALÍA con propostas variadas para facer coa rapazada ao longo da semana:
|
Marcapáxinas feitos polo alumnado de Infantil |
Marcapáxinas, cálculo do valor dun billete de 500 pesetas en Euros, poemas con pictogramas para ler, visita a Casa-Museo de Rosalía co código QR, debuxos para colorear da súa faciana, ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario