O ESQUELETO, A PRINCESA, A PANTASMA, A BRUXA E O MORCEGO
Era
a noite do Samaín. Como pasa sempre nesta noite, cando o reloxio marca a unha,
os esqueletos saen da tumba. E iso mesmo foi o que fixo Xerome Esqueletone, o
esqueleto máis elegante de todo o cemiterio.
De repente oiu unha voz que viña dunha tumba.
“Socorro, socorro!!!”.
Era
unha princesa zombi cos buratos cheos de sangue,que se chamaba María Lisandra
Castrovello e era a máis guapa de todo o mundo de ultratumba. Tamén apareceu
unha bruxa boa e un morcego cun cóitelo cravado na cabeza. O morcego non era
nin bo nin malo, é dicir, era regular. Xerome pediulles axuda e os dous
axudáronlle a sacar á princesa da tumba. Despois o morcego preguntou:
- Onde vas esqueleto?
- Vou á festa do Samaín que hai
no cemiterio.
De
súpeto apareceu unha pantasma mala que quería cazar á princesa. O morcego quixo
atrapalo, pero non vía a maneira, así que se puxo a chorar lagrimiñas, pero non
pasou nada. A bruxa, que era amiga de todos, pegoulle unha labazada e a
pantasma levou á princesa ao Castelo embruxado. Todos decidiron ir rescatala.
Saíron e atoparon unha casa abandonada con moitos monstros que facían unha
festa e que estaban atrapados na trampa da pantasma.
A bruxa preguntou:
-Que facedes aquí?
- Queremos divertirnos-
contestaron eles.
-Pois se non queredes ser
prisoneiros da pantasma tedes que pedir tres desexos.
-Eu quero un cadelo para
comelo!!!- dixo o monstro máis feo.
- Eu tamén o quero. Es un
copión – dixo outro monstro moi enfadado.
-Pois eu quero un xeado de
sangue con ollos de cadáver- dixo o máis pequeno, que era moi porco.
-Veña, que vos falta un
desexo aínda –dixo a bruxa.
-Pois eu quero moita comida
sá para ter moi boa saúde – dixo o monstro máis listo.
Despois
de dicir o terceiro desexo oiuse “Catapum, pum, pum...!!!” e o castelo
derrubouse.
No
medio das ruínas apareceu a princesa Lisandra máis fermosa ca nunca. A pantasma
escapou a todo voar ao mundo das pantasmas malas e os monstros liberados
empezaron a berrar de felicidade:
-Viva a bruxa, viva Xerome,
viva Lisandra, viva, vivaaaa!!!
-E eu que? – dicía o
morcego todo enrabechado...
-Veña, non te enfades e
vamos á festa do cemiterio – dixo a bruxa.
E alá marcharon todos,
súper felices a celebrar a festa do Samaín cantando:
SAMAÍN,
SAMAÍN
PARABAPAPÁ
PARABAPACHÍN
E
Ningún comentario:
Publicar un comentario