Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 25 de outubro de 2016

Relato Terrorífico da clase de 2º de primaria.

O ESQUELETO, A PRINCESA, A PANTASMA, A BRUXA E O MORCEGO

Era a noite do Samaín. Como pasa sempre nesta noite, cando o reloxio marca a unha, os esqueletos saen da tumba. E iso mesmo foi o que fixo Xerome Esqueletone, o esqueleto máis elegante de todo o cemiterio.  De repente oiu unha voz que viña dunha tumba.
 “Socorro, socorro!!!”.
Era unha princesa zombi cos buratos cheos de sangue,que se chamaba María Lisandra Castrovello e era a máis guapa de todo o mundo de ultratumba. Tamén apareceu unha bruxa boa e un morcego cun cóitelo cravado na cabeza. O morcego non era nin bo nin malo, é dicir, era regular. Xerome pediulles axuda e os dous axudáronlle a sacar á princesa da tumba. Despois o morcego preguntou:
-       Onde vas esqueleto?
   -  Vou á festa do Samaín que hai no cemiterio.
De súpeto apareceu unha pantasma mala que quería cazar á princesa. O morcego quixo atrapalo, pero non vía a maneira, así que se puxo a chorar lagrimiñas, pero non pasou nada. A bruxa, que era amiga de todos, pegoulle unha labazada e a pantasma levou á princesa ao Castelo embruxado. Todos decidiron ir rescatala. Saíron e atoparon unha casa abandonada con moitos monstros que facían unha festa e que estaban atrapados na trampa da pantasma.
        A bruxa preguntou:
     -Que facedes aquí?
     - Queremos divertirnos- contestaron eles.
   -Pois se non queredes ser prisoneiros da pantasma tedes que pedir tres desexos.
    -Eu quero un cadelo para comelo!!!- dixo o monstro máis feo.
   - Eu tamén o quero. Es un copión – dixo outro monstro moi enfadado.
   -Pois eu quero un xeado de sangue con ollos de cadáver- dixo o máis pequeno, que era moi porco.
    -Veña, que vos falta un desexo aínda –dixo a bruxa.
   -Pois eu quero moita comida sá para ter moi boa saúde – dixo o monstro máis listo.
Despois de dicir o terceiro desexo oiuse “Catapum, pum, pum...!!!” e o castelo derrubouse.
No medio das ruínas apareceu a princesa Lisandra máis fermosa ca nunca. A pantasma escapou a todo voar ao mundo das pantasmas malas e os monstros liberados empezaron a berrar de felicidade:
      -Viva a bruxa, viva Xerome, viva Lisandra, viva, vivaaaa!!!
  -E eu que? – dicía o morcego todo enrabechado...
    -Veña, non te enfades e vamos á festa do cemiterio – dixo a bruxa.
E alá marcharon todos, súper felices a celebrar a festa do Samaín cantando:
  
SAMAÍN, SAMAÍN
PARABAPAPÁ
PARABAPACHÍN
E

FIN

Ningún comentario:

Publicar un comentario