mércores, 21 de decembro de 2016

NADAL NA PONTE 2016


OLA!!!
  SEGURO QUE XA NON VOS QUEDA NINGUNHA LARPEIRADA DAS QUE VOS DEIXOU PAPÁ NOEL ...


FACENDO  QUENDA

CADA VEZ FACÉDELO MELLOR NO FESTIVAL DO NADAL.
NORABOA POLO KAMISHIBAY DO APALPADOR.


PASEINO BÁRBARO E CANTASTES MOI BEN.


DEIXOVOS ESTE VÍDEO DE RECORDO.


APROVEITADE O TEMPO, LEDE , XOGADE MOITO E GOZADE COA FAMILIA.

VÉMONOS Á VOLTA DAS VACACIÓNS.

BOAS FESTAS!

luns, 19 de decembro de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Estas son as recomendacións para o NADAL feitas polo EDLG e o Equipo de Biblioteca.




domingo, 18 de decembro de 2016

OLA!


¿CANTOS DIAS FALTAN PARA O NADAL?

EU XA ME ESTOU A PREPARAR. 😉

ESTOU MOI LEDO DE VER O CHULO QUE ESTÁ O COLE E O MOITO QUE ESTADES A TRABALLAR.

APRENDENDO "CHRISTMAS VOCABULARY"


FACENDO POSTAIS


ADORNANDO A ÁRBORE





NON SEI CAL É A PORTA QUE MÁIS ME GUSTA.



ESCOLMA NADAL




DEIXEIVOS UNHA ESCOLMA DE LIBROS E PELÍCULAS QUE TEÑEN ALGUNHA RELACIÓN CO NADAL.





BUZÓN DE CARTAS DO NADAL

 NON ESQUEZADES METER AS VOSAS CARTAS NO BUZÓN-BONECO DE NEVE QUE ESTÁ NA BIBLIOTECA INFANTIL.

 LEMBRADE QUE PODEDES ESCRIBIRLLE AO APALPADOR: NA CABEZA, A PAPÁ NOEL: NA RANURA DO MEDIO E NO MÁIS GRANDE  AS CARTAS PARA OS REIS MAGOS.

domingo, 27 de novembro de 2016

DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


O LEMA DO COLEXIO ESTÉ ANO É:

"LEVARSE BEN, MOLA"

ESTE ANO PREPARAMOS UN ACTO PARA FACER NO PATIO.
TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARTICIPOU NO MESMO:  ALUMNADO, CLAUSTRO, ANPA, FAMILIAS E CONCELLO.
PREPARAMOS UNHA PANCARTA.

ENSAIAMOS A CANCIÓN DO PROFE SERGIO.

FALARON O DIRECTOR, UN NENO E UNHA NENA DE CADA AULA, UNHA REPRESENTANTE DA ANPA E O Exmo. Sr. ALCALDE DE PONTEVEDRA.

E REMATAMOS O ACTO CANTANDO A CANCIÓN SORRINDO 

CONSEGUIMOS QUE TODO O MUNDO QUEDARA SORRINDO...


sábado, 26 de novembro de 2016

ACTIVIDADE MICOLÓXICA

O mércores 9 de novembro veu Amancio, da Asociación micolóxica Brincabois, para dar unha charla e facer unha saída pola contorna na procura de cogumelos co alumnado de 2º e 4º de primaria.

 Atoparon unha Amanita Phaloides xusto na beira do río e fixeron unha exposición con toda a mostra.


 PREME AQUÍ PARA VER UN CÓMO FOI
EXPOSICIÓN DOS COGUMELOS RECOLLIDOS NA SAÍDA


venres, 18 de novembro de 2016

POLO CORREO DO VENTO


Resultado de imagen de Enrique Mauricio e Carlos Taboada
 ESTE MÉRCORES, O ALUMNADO DE INFANTIL GOZÓU UN ANO MÁIS, DUNHA ACTIVIDADE DE ANIMACIÓNÁ LECTURA  POR CONTA DE Enrique Mauricio e Carlos Taboada do Colectivo   Polo Correo do Vento. 


 ATENDERON CON MOITA ATENCIÓN E PARTICIPARON CON GRAN ENTUSIASMO  O RELATO DA HISTORIA  poeta do Miño MENTRES APARECÍA DIANTE SÚA UN MARABILLOSO DEBUXO DE MANUEL MARÍA E A SÚA DONA SALETA Á BEIRA DO RÍO MIÑO.




 HOUBO UN OBRADOIRO DE PINTURA NO QUE FIXERON TODOS  Á VEZ UNHA CARICATURA DE MANUEL MARÍA.




 FIXERON UNS DEBUXOS ESPECTACULARES.

martes, 15 de novembro de 2016

OLA! 

 DEIXEIVOS UNHA  PEQUENA SELECCIÓN DE TEXTOS NAS LIBRARÍAS DE NOVIDADES E EXPOSICIÓNS . TODOS TEÑEN RELACIÓN CON LEVARSE BEN SEN DIFERENCIAS ENTRE TODOS E TODAS.

 LEMBRADE QUE MENTRES ESTEAN EXPOSTOS PÓDENSE  LER NO COLE, PERO NON SE PRESTAN PARA LEVAR Á CASA. CANDO REMATE A EXPOSICIÓN SI.

 O LEMA DESTE CURSO É: "LEVARNOS BEN MOLA".
 XA SEI QUE ESTADES PREPARANDO O ACTO DO VENRES 25 DE NOVEMBRO.  POIS AHÍ VOS DEIXO UNHA NOVIDADE...

 VAI VIR O ALCALDE DE PONTEVEDRA PARA COMPARTIR CON TODOS NÓS ESTE ACTO. POR CERTO:

 ¿QUEN SABE CAL É O NOME DO ALCALDE?

sábado, 12 de novembro de 2016

ACTIVIDADE MICOLÓXICA


 O mércores 9 de novembro veu Amancio, da Asociación micolóxica Brincabois, para dar unha charla e facer unha saída pola contorna na procura de cogumelos co alumnado de 2º e 4º de primaria. 
 Atoparon unha Amanita Phaloides xusto na beira do río e fixeron unha exposición con toda a mostra. PREME AQUÍ PARA VER UN CÓMO FOI
Preme o enlace para ver máis.
www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d79959171k3970239o1l1/cogumelos-novembro-2016


martes, 1 de novembro de 2016

O SAMAÍN chegou de novo ao noso cole e gozamos moito del.

VELAIVÁ UNHA MOSTRA DO ACONTECIDO.

  Comezamos traballando  relatos curtos de medo nas aulas de primaria e  dándolle un aire TERRORÍFICO ao centro:

TÚNEL DO TERROR E ESCENARIO
  • Decoramos as portas.
  • O corredor da planta baixa tiña as cabazas alumeando, o Carballo burlón semellaba unha momia e unha escolma de contos de medo, bruxas, pantasmas e monstros listos para ler.
                       
  • O venres 28 case todos estabamos terroríficamente vestidos e preparados para pasar polo corredor do medo.
    • CHEGADA AO CENTRO
    •  Logo houbo unha celebración con cancións, relatos de pantasmas e zombis e o profe Avelino leunos un conto a escuras.
                     
                                        SAMAÍN2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

    xoves, 27 de outubro de 2016

    Relato Curto de 1º de primaria.

    O COLEXIO DO TERROR

    Hai moitos anos, en Ponte Sampaio, había un colexio rodeado dun bosque tenebroso. Un 31 de Outubro, o colexio estaba escuro, só había un profe zombi e unha vampiresa. O patio do recreo mirábase desde fóra cheo de teas de araña. Ese día era o máis horripilante, porque había sangue derramada por todas partes.
    Ese día moi cedo chegaron todos os nenos das súas casas ao cole mortos de medo ao ver luces parpadeando polas xanelas do cole. No primeiro piso víase ao profe zombi na súa clase acompañado da vampiresa.
    Os alumnos, asustados, tentaron acender as súas lanternas pero estaban estragadas. Decidiron chamar á porta, TUC,TUC,TUC. Achegouse un home cheo de sangue unha pequena nena díxolle: ábrenos a porta.
    A porta abriuse cun chirrido. A vampiresa saíu de clase, baixou as escaleiras e levou aos nenos á clase encantada de 1º de primaria.
    Na clase atopábase o profe zombi, que ao ver aos nenos preguntoulles: que facedes aquí?
    Unha nena loura e moi guapa, con voz temblorosa dixo: vimos estudar.
    O profe zombi, mirando á vampiresa, dixo: paréceme unha idea xenial! Se sodes valentes pasar e acender as luces. Os nenos temblorosos foron pasando e cando o último acendeu as luces...descubriron unha gran sorpresa!!

    Era o día de Halloween e os profes preparáranlles unha festa sorpresa!!!!
    Comeron chuches en forma de arañas, vermes, ollos..., flocos de millo patatillas e unha terrorífica torta de chocolate. Pasáronno pipa e sempre lembraron aquel día de Halloween.

    FIN

    martes, 25 de outubro de 2016

    DÍA DA BIBLIOTECA

    CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA COA PARTICIPACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA EN DISTINTAS ACTIVIDADES:




    O EQUIPO DE BIBLIOTECA PRESENTOU A MASCOTA DA BIBLIOTECA PINCO AO NOVO ALUMNADO DE 3 ANOS E DEULLE OS CARNÉS/MARCADORES PARA USAR CANDO VAIAN Á  BIBLIOTECA. TAMÉN SE LLES DIXO COMO HAI QUE PORTARSE NELA E COMO COIDAR OS LIBROS.





     OS VOLUNTARIOS/AS 

    DRAMATIZARON PARA TODO INFANTIL O CONTO DE "CARAPUCHIÑA VERMELLA" DUN XEITO MOI PARTICULAR.


                PASÁRONO MOI BEN           






    TERESA, A NAI DE ANDREA E NOA, CONTOULLES AS NENAS E NENOS DE 1º E 2º DE PRIMARIA O CONTO "Quen lle ten medo á bruxa"





    NAS AULAS DE PRIMARIA REDACTARON CONTOS  DE MEDO.
    COMPARTIRON  A LECTURA DOS RELATOS QUE MÁIS GUSTARON INDO POLAS DISTINTAS CLASES A CONTALOS. 


                          
    Día BE BBP - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

    Relato Terrorífico da clase de 2º de primaria.

    O ESQUELETO, A PRINCESA, A PANTASMA, A BRUXA E O MORCEGO

    Era a noite do Samaín. Como pasa sempre nesta noite, cando o reloxio marca a unha, os esqueletos saen da tumba. E iso mesmo foi o que fixo Xerome Esqueletone, o esqueleto máis elegante de todo o cemiterio.  De repente oiu unha voz que viña dunha tumba.
     “Socorro, socorro!!!”.
    Era unha princesa zombi cos buratos cheos de sangue,que se chamaba María Lisandra Castrovello e era a máis guapa de todo o mundo de ultratumba. Tamén apareceu unha bruxa boa e un morcego cun cóitelo cravado na cabeza. O morcego non era nin bo nin malo, é dicir, era regular. Xerome pediulles axuda e os dous axudáronlle a sacar á princesa da tumba. Despois o morcego preguntou:
    -       Onde vas esqueleto?
       -  Vou á festa do Samaín que hai no cemiterio.
    De súpeto apareceu unha pantasma mala que quería cazar á princesa. O morcego quixo atrapalo, pero non vía a maneira, así que se puxo a chorar lagrimiñas, pero non pasou nada. A bruxa, que era amiga de todos, pegoulle unha labazada e a pantasma levou á princesa ao Castelo embruxado. Todos decidiron ir rescatala. Saíron e atoparon unha casa abandonada con moitos monstros que facían unha festa e que estaban atrapados na trampa da pantasma.
            A bruxa preguntou:
         -Que facedes aquí?
         - Queremos divertirnos- contestaron eles.
       -Pois se non queredes ser prisoneiros da pantasma tedes que pedir tres desexos.
        -Eu quero un cadelo para comelo!!!- dixo o monstro máis feo.
       - Eu tamén o quero. Es un copión – dixo outro monstro moi enfadado.
       -Pois eu quero un xeado de sangue con ollos de cadáver- dixo o máis pequeno, que era moi porco.
        -Veña, que vos falta un desexo aínda –dixo a bruxa.
       -Pois eu quero moita comida sá para ter moi boa saúde – dixo o monstro máis listo.
    Despois de dicir o terceiro desexo oiuse “Catapum, pum, pum...!!!” e o castelo derrubouse.
    No medio das ruínas apareceu a princesa Lisandra máis fermosa ca nunca. A pantasma escapou a todo voar ao mundo das pantasmas malas e os monstros liberados empezaron a berrar de felicidade:
          -Viva a bruxa, viva Xerome, viva Lisandra, viva, vivaaaa!!!
      -E eu que? – dicía o morcego todo enrabechado...
        -Veña, non te enfades e vamos á festa do cemiterio – dixo a bruxa.
    E alá marcharon todos, súper felices a celebrar a festa do Samaín cantando:
      
    SAMAÍN, SAMAÍN
    PARABAPAPÁ
    PARABAPACHÍN
    E

    FIN

    luns, 24 de outubro de 2016

    BIBLIOPINCO

    O NOME DA NOSA BIBLIOTECA


    OLA!

    DESPOIS DE TER FEITO A ENQUISA , NA QUE  PINCOTECA, BIBLIO COLE, BIBLIOPINCO, LIBROTECAARCOIRIS E BIBLIOTECA DE PINCO FORON OS NOMES MÁIS REPETIDOS; LOGO DA VOTACIÓN ENTRE ESTES, O NOME GAÑADOR FOI: 




    domingo, 23 de outubro de 2016

    BENVIDA DE PINCO

    OLA !!!        QUE CANSO ESTOU !
    LEVO DENDE SETEMBRO VIAXANDO POLA REDE PARA FACER A MUDANZA. 

    A PARTIRES DE HOXE PODEDES SEGUIR AS MIÑAS AVENTURAS NESTE NOVO ENDEREZO.

    ATA PRONTO