Hoxe, un grupo de Voluntarias da Biblioteca fixeron unha actividade doble de lecturas compartidas na contorna.
Levaron o necesario para montar un pequeno escenario co muro que fixeran, unha cociña e os seus patinetes.
Logo, xa na sala grande da escola,
dramatizaron para todo o alumnado a obra Lolo anda en bicicleta de Carlos Casares que prepararan na Biblioteca facendo a súa propia adaptación: Lolo anda en patinete.
Sentíronse tan acollidos, aplaudironlles tanto que houbo un extra, contaronlles o conto Os tres porquiños.
Pasárono bárbaro os máis cativos e os"grandes".
Unha vez rematada a actividade na escola infantil acudiron á cita que tiñan dende o ano pasado, cos maiores no centro BOAS APERTAS.
Estaban a esperar por elas.Presentáronse, falaron cos maiores,
e dramatizaron a súa versión de
LOLO ANDA EN BICICLETA.
Tiñan preparados uns agasallos para elas: unhas bolsas de chuches "ben chulas" feitas no centro para esta ocasión.
Compartiron uns momentos moi entrañables e con boas ensinanzas para todos nós.
Graciñas ao persoal da Galiña Azul e de Boas Apertas por facilitarlles esta marabillosa experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario