Fenomenal!
Outra sesión máis inesquecible na biblioteca.
A sesión desta tarde, a pesar da tardiña de praia que tivemos, estivo bastante concurrida.
Manuel, o pai de Celia, conseguiu que esta tarde fora outra vez de conto.
“El saco de los cuentos mágicos” non tiña fondo. |
Os máis cativos, un a un, foron quitando do saco os contos que Manuel despois narraba.
Fixo que todo o mundo participase das historias facendo maxia para que se abriran os contos. Unhas veces soprando, outras tocando o nariz e mesmo o pelo.
Contou varios historias: de chupetas “A LÚA LADROA”, sen fin como “UN BICHO EXTRAÑO”, unha de lobos “QUE LLEGA EL LOBO” e por último unha de pontes e chivas “CHIVOS, CHIVÓNS”.
O equipo da biblioteca agradece a colaboración da familia Martín-Camacho López.
"Graciñas Manuel"
Ningún comentario:
Publicar un comentario