O escritor Antonio
García Teijeiro visitou hoxe o colexio de Ponte Sampaio e compartimos con el unha
xornada inesquecible.
Logo de falar con
todos, recitounos algúns poemas do seu libro “Poemar o
mar” co que gañou o Premio Nacional
de Literatura Infantil 2017.
Logo dunha
entrevista que lle fixeron nenos e nenas de 6º con preguntas recollidas por todas
as aulas, o escritor asinoulle os libros que trouxeron da casa.
De seguro que non
lle esquece a ninguén esta memorable visita.
Para escribir ben, o más
importante e LER MOITO.
Graciñas Antonio por facernos pasar estes gratos momentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario