martes, 8 de maio de 2018

Saída a Biblioteca de Arcade.


Hoxe fomos dando un fantástico paseo con todo o alumnado de educación infantil á biblioteca  municipal “Luis Seoane” de Arcade.
Recibiunos Marisa, colaboradora voluntaria da biblioteca. Presentouse e tamén ao persoal:  á bibliotecaria Graciela e aos axudantes da biblioteca.
Amosoulle aos nenos e nenas os distintos espazos que teñen alí e para que son.
Fíxolles ver que podían atopar na biblioteca ademais de libros, música, películas, xornais, revistas…
Logo de percorrer todos os espazos, sentáronse na alfombra e falaron dos distintos tipos de soportes de libros: para ler na auga, de tea, de papel, de cartón, con distintas formas, con música, duros, brandos… e en forma de acordeón, mais o conto que favorito foi “Pipi, caca”.

Tiveron tempo libre para ler, mirar, compartir e buscar contos de todo tipo e tamaños.

Aproveitamos  a andaina indo ao parque de xogos a merendar e xogar.
Rematamos a saída volvendo a pé paseniño ao colexio.
Graciñas a todo o personal da biblioteca "Luis Seoane".

Ningún comentario:

Publicar un comentario