Hoxe dúas alumnas da
clase de 3º de primaria, Andrea e Aroa gañaron dous dos seis premios aos que
optaban na final do programa Superlíderes 2018-2019.
Andrea recibiu o premio na
categoría de Supermotivadora e Aroa na de Superdirectora.
Na aula de terceiro
levan traballando todo o curso estas habilidades e todos e todas son e síntense
gañadoras por ter realizado e participado desta experiencia tan motivante.
O CEIP de Ponte Sampaio foi un dos colexios
seleccionados no programa Superlíderes desenvolvido dentro do Plan Eduemprende.
Este programa,
dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, busca fomentar, motivar
e sensibilizalos no espírito emprendedor.
O
obxectivo de este programa é dar a coñecer ao alumnado, practicar e fortalecer
seis competencias que os converterán en auténticos Superlíderes: a motivación,
o enxeño, a comunicación, a fascinación, a negociación e a capacidade
de traballar e dirixir equipos.
Noraboa
polo traballo ben feito!
SOMOS NOTICIA: Preme nos enlaces
Notas de prensa da Xunta
Ningún comentario:
Publicar un comentario