martes, 14 de maio de 2019

Tino Lores

Tino Lores, presidente de la Asociación Amigos do Camiño Portugués de Pontevedra veu onte ao colexio para falar da súa experiencia como peregrino e levando o Albergue de Peregrinos de Pontevedra.
Deixou moi claro que o camiño comeza moito antes de botarse a andar
Credencial
Hai que programar as etapas, pescudar información e a localización dos albergues, decidir que equipaxe levar e conseguir a credencial de peregrino sen a cal non se pode durmir nos albergues públicos do camiño.
Ensinounos unha das súas credenciais e informounos que non se pode conseguir a Compostela sen ter a credencial debidamente cuberta e con todos os selos.
A Credencial podémola conseguir en parroquias, confrarías, albergues do camiño ou asociacións de amigos do camiño que teñan permiso da  catedral de Santiago.
Compostela 

Se queremos conseguir a Compostela temos que cumprir uns requisitos mínimos:
percorrer  a pé ou a cabalo 100 quilómetros,  200 se vas en bicicleta e ter dous selos por día.
Contestou todas as preguntas que lle fixeron os maiores.
Un par de nenos de infantil fixeron con el unha representación dun peregrino chegando para poñerlle o selo á credencial.


Graciñas Tino por compartir o teu tempo con nós.



Ningún comentario:

Publicar un comentario