luns, 13 de maio de 2019

Anxo Moure

O escritor Anxo Moure pasou hoxe polo colexio.
Para facelo máis accesible a todo o alumnado, repartimos esta actividade en tres quendas que se desenvolveron en tres espazos do colexio ao longo da mañá.
Comezaron os tres primeiros cursos de primaria na biblioteca. A sesión rematou no patio bailando e dándolle apertas ás árbores do colexio.
A continuación, o alumnado de infantil comezou a súa quenda con Anxo na aula de tres anos.
Xa logo do recreo comezaron a actividade os cursos de 4º, 5º e 6º de primaria, máis xa comezaron a carón do salgueiro chorón do patio, a súa sombra.
Nas distintas quendas Anxo fixo un percorrido polo Camiño de Santiago, contando as historias do “Carballo con botas”, de “Caramulo”, da música das árbores, … todas fomentando o respecto á natureza,  a importancia do coidado e protección do medio ambiente, da reciclaxe e da música como unha lingua máis.
Todo o alumnado e o profesorado pasou a mañá gozando desta actividade  instrutiva, participativa e moi inclusiva. Na que todas as árbores do patio: o salgueiro chorón, as moreiras, os carballos, as camelias,… levaron máis de unha aperta das nenas e nenos do colexio que a partir de agora van a miralas doutro xeito.
Graciñas Anxo por este día tan agarimoso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario