Hoxe conmemoramos o Dia da Muller
no colexio.
Como estamos a traballar o
proxecto anual “Ponte Sampaio é de Cine”, acordamos pescudar información sobre
mulleres relacionadas co sétimo arte: actrices, directoras, animadoras audiovisuais,
protagonistas, guionistas, deseñadoras, …
Logo de atopar a información
sintetizárona e prepararon un guión en todas as clases.
Para a exposición dos traballos
foron rotando por todas as clases explicando cada un a muller que escolleran
contando por que e o que sabían e
aprenderan delas. Contestaron as preguntas que xurdiron.
Este traballo de lecturas
compartidas, comezámolo na sesión de hora de ler e alongouse o tempo necesario
para completar as rotacións.
Logo de rematar as exposicións
orais, reunímonos na sala de usos múltiples para ver todo o colexio xunto o
vídeo que gravaran na biblioteca "A igualdade e coeducación en Ponte
Sampaio" e o LipDub gravado por todo o centro o xoves pasado “Fábrica de
luz”.
Logo das exposicións orais, os
traballos quedaron expostos no taboleiro de Coeducación e Igualdade, na entrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario