mércores, 11 de marzo de 2020

Visita ao Salón do Libro 10 marzo

OOOLA!!
Para o traballo para o Salón do Libro desta edición, como o tema era "O HUMOR" tiramos da retranca galega escollendo unhas viñetas de Castelao.


Na proposta había que pensar que estarían dicindo os personaxes das tiras no contexto actual.
O resultado foron 12 viñetas a dobre cara no que por un lado tiñamos o chiste coa imaxe eo texto orixinal de Castelao e polo outro a ilustración coloreada e un texto actual. Esta parte do traballo fixérona os e as voluntarias da biblioteca. 
Moito riron  na clase de 1º de primaria  buscando e escollendo  chistes para facer un libro escolma dos chistes que máis lles gustaban. Despois escribiron os textos e lilustraron os chistes para encadernar e presentar no Salón.: "Un mundo de chistes"
Seguindo co humor, o resto do alumnado traballou buscando nos xornais que había no colexio e nos das súas casas as páxinas onde aparecían publicadas as viñetas de humor.
Unha vez atopado  as viñetas houbo que recortalas para poder pegalas no expositor no que colgamos as láminas traballadas para expoñer a nosa contribución a XXI Edición do SALÓN.
Este martes saímos todo o colexio de excursión a Pontevedra para visitar a exposición de todos os traballos escolares de  O SALÓN  no Pazo de Congresos.
 Namentres non chegaba  a hora da nosa quenda para entrar paseamos no  Parque da illa das esculturas a  Merendamos alí, pasamos un bo rato toda a rapazada e os profes xuntos, piteirando un bocado ao aire libre.
Na entrada do Pazo estaba ORBIL esperándonos,  recibiunos con gran ledicia, xa que hai pouco viñera ao colexio a visitarnos.
Dividíronnos en grupos de nivel para ir aos obradoiros, aos contacontos, ver a exposición, visitar as salas e os recunchos acompañados polo monitorado de O SALÓN.

 Miramos os traballos dos outros colexios participantes e , está claro que o tema era o humor.


Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez de Pavís Pavós engaiolaron ao alumnado de 1º e 2º curso cos seus contos e humor.

      O alumnado de infantil pasouno bárbaro con contos e xogos. Un grupo foi con 
Andrea Bayer e o outro con María Campos de Migallas. Portáronse moi ben e atenderon as explicacións das monitoras.


Algúns tiveron a gran sorte de atender unha explicación sobre os pasos para a ilustración das viñetas e libros co ilustrador Kiko da Silva.

Os maiores visitaron polo miúdo a sala MUVi, na que se podía ver a evolución dos videoxogos dende os primeiros ate os actuais.
Gustoulles moitísimo ver a escultura de ORBIL para decorar e alguén lembraba ter visto algunha das esculturas que estaban espalladas por Pontevedra cando foran de paseo coas familias.


Case ao final do percorrido, na sala onde están as sillas para os distintos espectáculos programados do salón, localizamos o noso traballo.
Outro  curso máis gozamos con esta visita e xa estamos pensando na próxima edición.


Graciñas á organización de  O SALÓN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario