xoves, 30 de abril de 2020

Maio confinado


OOOLA!!
REMATA O MES DOS LIBROS E COMEZA O MES DAS FLORES.
ALA VAI OUTRO MES MENOS.
NESTE CURSO ESTRAÑO, TOCA AÍNDA MÁIS RECOLLEMENTO E FARÉMOLO VIRTUAL LEMBRANDO MAIOS ANTERIORES, ASÍ MIRÁMONOS AS CARAS E VEMOS CANTO MEDRASTES E A ALGUÉN QUE XA CAMBIOU DE COLEXIO, AÍNDA QUE  ESTE SERÁ PARA SEMPRE O SEU COLE.
HAI DOUS ANOS ESTREAMOS A ESTRUTURA DO NOSO MAIO.
 CELEBRÁMOLO DENTRO, PORQUE CHOVERA E  TANTO A PREPARACIÓN COMAAS "CANTIGAS DE MAIO"  FORAN NO XIMNASIO.
ESTE VÍDEO É DE HAI UN ANO, XA NO PATIO, OLLADE


XA HAI CASE UNHA SEMANA QUE PODEDES SAÍR PASEAR TODOS OS DÍAS. OCORRÉUSEME QUE PODIADES APROVEITAR MAÑÁ AO SAÍR PARA POÑER UNHA POLIÑA DE XESTA OU UNS PAMPULLOS OU CALQUERA MOTIVO FLORAL NO MANILLAR DAS BICIS OU  DOS VOSOS PATINETES. 

TANTO TEN, O CASO É DARLLE UNHA BOA BENVIDA A ESTE MES FLORIDO.


XA HOUBO QUEN COMEZOU O FESTEXO,
 MIRADE CANTO TRABALLARON E QUE BEN QUEDOU.
SE TIVERADES PAMPULLOS OU OUTRAS FLORIÑAS ABONDO, PODIADES COSER COLARES PARA POR ARREDOR DUNHA PLANTA NA CASA, OU NO EIDO, XA CADA QUEN ADAPTANDO A CELEBRACIÓN AS SÚAS POSIBILIDADES.
OLLIÑO” QUE NON HAI QUE ESTRAGAR NINGUNHA FINCA OU FACER UNHA DESFEITA, SEMPRE ACTUAMOS CON RESPECTO AOS DEMAIS E CON MESURA.
SE QUEREDES COMPARTIR CON NÓS ALGUNHA FOTO, CON MOITO GUSTO POREINAS NESTA ENTRADA.
COMO SEMPRE, XA SABEDES, MANDÁDEA AO MEU EMAIL: bibliopinco@gmail.com
OU AS VOSAS TITORAS.

EU MAÑÁ COMEZO A MIÑA DESESCALADA PARTICULAR, VOS PODEDES SAÍR A DAR PASEOS E EU A PARTIRES DE HOXE SEGUIREI ESCRIBINDO, PERO  NON DECOTÍO.


ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

PERO MIRADE QUE MAIOS TAN FLORIDOS!!!



Al, OS PAMPULLOS!!!


mércores, 29 de abril de 2020

Mércores 29

OOOLA!!

SAIR UNHA HORA AO DÍA ESTÁ BEN PARA OSIXENARSE,
MAIS BAILAR É UN EXERCICIO QUE NOS ENCHE DE LEDICIA.

HOXE QUE SE CELEBRA O 
DÍA INTERNACIONAL DA DANZA.
CELÉBRASE DENDE O ANO 1982 CADA 29 DE ABRIL PROPOSTA POLA INICIATIVA DO COMITÉ INTERNACIONAL de DANZA E QUE A UNESCO ESTABLECEU  ESE MESMO ANO.
NON QUERO DEIXAR DE LEMBRARVOS QUE PODEMOS BAILAR SENTADOS, DE PÉ, EN PARELLA, EN GRUPO…
PODEMOS BAILAR ESCOITANDO MÚSICA E TAMÉN SENTÍNDOA
OU BEN
REMEMORÁNDOA COA NOSA MEMORIA.


MIRADE COMO TRABALLAN AS COMPAÑÍAS DE DANZA PROFESIONAIS:


A QUE DEIXA BO CORPO?
OLLADE  ESTA PROPOSTA  DA CASA DA CULTURA:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/system/files/downloads/2020/04/fedella_danza_a_danzana_pintura.pdf

A DANZAR POLA CASA!!
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

martes, 28 de abril de 2020

Martes 28

OOOLA!!

NADA MÁIS QUERO LEMBRARVOS QUE ESTOU A REMATAR A MONTAXE PARA OS MAIORES DO CENTRO DE DÍA BOAS APERTAS.



ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

luns, 27 de abril de 2020

Luns 27


OOOLA!!

PARABÉNS POLO BEN QUE O FIXESTES
NA PRIMEIRA VOSA PRIMEIRA SAÍDA
 

ESTES APLAUSOS SON PARA VOS.
CANTO MELLOR O FAGAMOS TODOS,
ANTES PODEREMOS VOLVER A ESTARMOS XUNTOS.

ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

domingo, 26 de abril de 2020

Domingo 26


OOOLA!!

A QUE SENTA BEN AIREARSE UN CHISQUIÑO?
POIS A PARTIR DE HOXE XA PODEDES DAR UNHA VOLTA CADA DÍA:
ANDANDO, COA BICI, CUN PATINETE,
COS PATÍNS, ...
ALGÚN E ALGUNHA DE VOS XA SALIU SEGURO POLA MAÑÁ, PERO OUTRAS E OUTROS ESTÁN A ESPERAR A TARDIÑA PARA DAR ESA VOLTA.

O CASO É PODER SAIR RESPIRAR A FÓRA E VENTILARSE UN POUQUIÑO.
SAÍDES HOXE NA PRENSA
VOS, SODES A NOTICIA.  
LEDE AS ENTREVISTAS NO XORNAL DIXITAL


RECOÑECEDES A ALGUÉN? 
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

sábado, 25 de abril de 2020

Último día de confinamento total

OOOLA!!
XA QUEDA MENOS
PARA QUE POIDADES SAÍR
A DAR UNHA VOLTIÑA.

    LEMBRADE QUE OS PARQUES DE XOGO ESTÁN PECHADOS. 
NON TOQUEDES NADA.  
SE VEDES A ALGÚN OU ALGUNHA AMIGUIÑA
CALMA!!!
HAI QUE GARDAR A DISTANCIA.
PODEDES FALAR.
PODEDES DAR CHIMPOS DE LEDICIA.
DEIXAMOS PARA MÁIS ADIANTE
AS APERTAS E OS BEIXIÑOS.
CANTO MELLOR RESPECTEMOS A DISTANCIA ENTRE NÓS
 POR MOITAS GAÑAS QUE TEÑAMOS...
 “ANTES VOLTAREMOS A VERNOS”.
XA ME CONTAREDES AS VOSAS SENSACIÓNS
NESTA  SITUACIÓN NOVA PARA TODO O MUNDO.
NON ESQUEZADES QUE
CANTO MELLOR VOS PORTEDES NAS SAÍDAS,
 MÁIS CEDO PODEREMOS VERNOS DE NOVO.

ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

venres, 24 de abril de 2020

Venres 24


OOOLA!!

LESTES MOITO ONTE?
SEGURO QUE SI.
LEMBRADE QUE LER É UN EXERCICIO PARA A CABEZA 
É 
"ZUME DE CEREBRO" 
IMPRESCINDIBLE  PARA PODER APRENDER.
ESTOU A DAR CHIMPOS DE LEDICIA
PORQUE  ONTE RECIBÍN UN AGASALLO 
MOI ESPECIAL.
VALERIA MANDÓUME UNHAS IMAXES ONDE AMOSA, POLO MIÚDO, COMO FIXO UN MARCAPÁXINAS MOI ESPECIAL...
SON EU, PINCO O MARCAPÁXINAS, MIRADE

GRACIÑAS VALERIA POR FACERME SENTIRME TAN BEN😘
ONDE ÍA ESTAR EU MELLOR QUE CON VÓS,
 AVANZANDO POLAS PÁXINAS 
DOS LIBROS QUE LEDES😍😍
"LER FAINOS ÚNICOS..." 
ASÍ É COMO COMEZA O TEXTO QUE ESCRIBIU  MANUEL GAGO  PARA O DÍPTICO QUE EDITA A ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES POLO 
DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR/A
LEDE COMO CONTINUA AQUÍ
MANDASTES TANTAS IMAXES QUE NON CABÍAN TODAS,
 BUENO, CABER CABÍAN,
 PERO  CHEGARON UN CHISCO RETRASADAS PARA A MONTAXE DE ONTE
NON PASA NADA,
 AGORA VOLAS POÑO MÁIS ALGUNHA OUTRA QUE TIÑA.


ESPERO QUE VOS GUSTE TAMÉN.

LEMBRADE MANDARME CON TEMPO AS COUSIÑAS
 PORQUE UNHA VEZ QUE CHEGAN AÍNDA LEVA UN TEMPIÑO FACER O VÍDEO.
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS 



xoves, 23 de abril de 2020

Día do Libro Confinado

OOOLA!!
HOXE É O  DÍA DO LIBRO 
e HORA DE LER
 PRIMEIRA VEZ QUE O CELEBRAMOS VIRTUALMENTE NA CASA.
CONTINUAMOS COMPARTINDO
CON TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA ESTA DATA TAN MEMORABLE,
 MAIS CUN TOQUE VIRTUAL,
ENTRANDO POLAS PANTALLAS DOS ORDENADORES, DOS TELÉFONOS E DAS TABLETAS.
VAIA ABRIL DE TRANSFORMACIÓNS QUE LEVAMOS:
VISITAMOS BIBLIOTECAS VIRTUAIS,
AO PECHAR Á BIBLIOTECA "LUIS SEOANE" DE ARCADE,

  A ACTIVIDADE DE “Libros A Fóra” 
CAMBIÁMOLA POR
“Libros á Xanela”,

  COMPARTIMOS O NOSO TEMPO COS MAIORES” 
TROCÁMOLA POR
 “COMPARTIMOS MENSAXES DE ÁNIMO COS MAIORES” ,

A LECTURA COMPARTIDA DO QUIXOTE
CAMBIA A 
UNHA LECTURA  POLO PROFE AVELINO NA SÚA CASA


AGORA VOS DEIXO UNHA RECOMPILACIÓN DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS.

ALGUNHA DAS IMAXES QUE MANDASTES PORÉINAS AO LONGO DESTES DÍAS.
HOXE NON PODE FALTAR UN CAPÍTULO DE “O QUIXOTE” ,
CANDO SAE POR PRIMEIRA VEZ CON SANCHO PANZA,
MAIS ESTA VEZ EN DEBUXOS ANIMADOS.
GRACIÑAS POR TER PARTICIPADO NAS ACTIVIDADES PROPOSTAS
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS