xoves, 30 de abril de 2020

Maio confinado


OOOLA!!
REMATA O MES DOS LIBROS E COMEZA O MES DAS FLORES.
ALA VAI OUTRO MES MENOS.
NESTE CURSO ESTRAÑO, TOCA AÍNDA MÁIS RECOLLEMENTO E FARÉMOLO VIRTUAL LEMBRANDO MAIOS ANTERIORES, ASÍ MIRÁMONOS AS CARAS E VEMOS CANTO MEDRASTES E A ALGUÉN QUE XA CAMBIOU DE COLEXIO, AÍNDA QUE  ESTE SERÁ PARA SEMPRE O SEU COLE.
HAI DOUS ANOS ESTREAMOS A ESTRUTURA DO NOSO MAIO.
 CELEBRÁMOLO DENTRO, PORQUE CHOVERA E  TANTO A PREPARACIÓN COMAAS "CANTIGAS DE MAIO"  FORAN NO XIMNASIO.
ESTE VÍDEO É DE HAI UN ANO, XA NO PATIO, OLLADE


XA HAI CASE UNHA SEMANA QUE PODEDES SAÍR PASEAR TODOS OS DÍAS. OCORRÉUSEME QUE PODIADES APROVEITAR MAÑÁ AO SAÍR PARA POÑER UNHA POLIÑA DE XESTA OU UNS PAMPULLOS OU CALQUERA MOTIVO FLORAL NO MANILLAR DAS BICIS OU  DOS VOSOS PATINETES. 

TANTO TEN, O CASO É DARLLE UNHA BOA BENVIDA A ESTE MES FLORIDO.


XA HOUBO QUEN COMEZOU O FESTEXO,
 MIRADE CANTO TRABALLARON E QUE BEN QUEDOU.
SE TIVERADES PAMPULLOS OU OUTRAS FLORIÑAS ABONDO, PODIADES COSER COLARES PARA POR ARREDOR DUNHA PLANTA NA CASA, OU NO EIDO, XA CADA QUEN ADAPTANDO A CELEBRACIÓN AS SÚAS POSIBILIDADES.
OLLIÑO” QUE NON HAI QUE ESTRAGAR NINGUNHA FINCA OU FACER UNHA DESFEITA, SEMPRE ACTUAMOS CON RESPECTO AOS DEMAIS E CON MESURA.
SE QUEREDES COMPARTIR CON NÓS ALGUNHA FOTO, CON MOITO GUSTO POREINAS NESTA ENTRADA.
COMO SEMPRE, XA SABEDES, MANDÁDEA AO MEU EMAIL: bibliopinco@gmail.com
OU AS VOSAS TITORAS.

EU MAÑÁ COMEZO A MIÑA DESESCALADA PARTICULAR, VOS PODEDES SAÍR A DAR PASEOS E EU A PARTIRES DE HOXE SEGUIREI ESCRIBINDO, PERO  NON DECOTÍO.


ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

PERO MIRADE QUE MAIOS TAN FLORIDOS!!!



Al, OS PAMPULLOS!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario