mércores, 29 de abril de 2020

Mércores 29

OOOLA!!

SAIR UNHA HORA AO DÍA ESTÁ BEN PARA OSIXENARSE,
MAIS BAILAR É UN EXERCICIO QUE NOS ENCHE DE LEDICIA.

HOXE QUE SE CELEBRA O 
DÍA INTERNACIONAL DA DANZA.
CELÉBRASE DENDE O ANO 1982 CADA 29 DE ABRIL PROPOSTA POLA INICIATIVA DO COMITÉ INTERNACIONAL de DANZA E QUE A UNESCO ESTABLECEU  ESE MESMO ANO.
NON QUERO DEIXAR DE LEMBRARVOS QUE PODEMOS BAILAR SENTADOS, DE PÉ, EN PARELLA, EN GRUPO…
PODEMOS BAILAR ESCOITANDO MÚSICA E TAMÉN SENTÍNDOA
OU BEN
REMEMORÁNDOA COA NOSA MEMORIA.


MIRADE COMO TRABALLAN AS COMPAÑÍAS DE DANZA PROFESIONAIS:


A QUE DEIXA BO CORPO?
OLLADE  ESTA PROPOSTA  DA CASA DA CULTURA:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/system/files/downloads/2020/04/fedella_danza_a_danzana_pintura.pdf

A DANZAR POLA CASA!!
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario