venres, 17 de abril de 2020

Venres 17

OOOLA!!

XA VAN CHEGANDO RECADIÑOS PARA MANDAR  AOS MAIORES.
LEMBRADE QUE SERVEN DEBUXOS, FOTOS, CARTIÑAS, BICOS, ...
AGORA PASAMOS ÁS TRASFORMACIÓNS.
LEVAMOS VARIOS ANOS FACENDO A ACTIVIDADE DE LECTURAS COMPARTIDAS NO DÍA DO LIBRO "Libros A Fóra".
O CURSO PASADO CHOVÍA E HOUBO QUE FACELO POLAS AULAS E CORREDORES DENTRO DO COLE, ESTE PRÓXIMO XOVES 23 TOCA CAMBIO:

A ACTIVIDADE DE “LIBROS A FÓRA"
1,2,3 TACHÁAAAAAN!!
TRANSFORMÁMOLA EN... "LIBROS A XANELA"

COMO FACEMOS?
TODO O QUE QUEIRA PARTICIPAR, MANDARÁ UNHA FOTO ONDE SE MIRE O QUE ESTÁ A LER OU UN VÍDEO(30 SEGUNDIÑOS MÁXIMO), LÉNDOLLE UN CONTO, UNHA REVISTA, BANDA DESEÑADA, ... SERVE TODO SEMPRE QUE LEAMOS A CARÓN DA XANELA.
A QUEN?
 A QUEN QUEIRAMOS QUE NOS ESCOITE. Á FAMILIA, A VECIÑANZA, ... A QUEN QUERA ESCOITAR.
ONDE O MANDAMOS?
AO MEU ENDEREZO ELECTRÓNICO bibliopinco@gmail.com
PARA QUE?
CO MATERIAL QUE MANDEDES ANTES DO MÉRCORES 22 FAREI UNHA MONTAXE PARA PUBLICALA O XOVES 23 AQUÍ, NO NOSO BLOG.

ANIMO TAMÉN AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA, VOLUNTARI@ OU NON DA BIBLIOTECA, A FACER COMO TANTAS VECES AO LONGO DO CURSO, PERO EN FORMATO DIXITAL. 
SEDE CONTACONTOS VIRTUAIS, E QUE APADRIÑEN AOS MÁIS CATIVOS GRABÁNDOLLES UN CONTO EN VÍDEO.

ESPERO AS VOSAS COMUNICACIÓNS.

ÁNIMO FAMILIAS!

XA QUEDA UN DÍA MENOS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario