OOOLA!!
COMO ANDAN ESES
ÁNIMOS?
BEN. XA SEI, AO
FINAL AFACÉMONOS A TODO.
SABIADES QUE OS
MAIORES QUEDARON TAMÉN SEN PODER IR AO SEU “COLE”?
QUEDAN NA CASA COMA NÓS.
ONTE DIXEN QUE ERA TEMPO
DE TRANSFORMACIÓNS,
POIS HOXE VAI A
SEGUINTE:
LEVAMOS XA UNS
CANTOS ANOS FACENDO ACTIVIDADES CONXUNTAS COS MAIORES DO CENTRO DE DIA “BOAS APERTAS” DE ARCADE.
O
ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA DESPRAZÁBASE ATA O CENTRO PARA
CHARLAR, XOGAR E COMPARTIR O SEU TEMPO CON TOD@S EL@S.
FROITO DESTA
INTERACCIÓN, O CURSO PASADO, DESPRAZÁRONSE ELES TAMÉN AO NOSO COLE PARA FACER
CON NÓS UN MURAL CHULÍSIMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO.
FOI UNHA XORNADA
ENTRAÑABLE.
ESTE ANO XA
FALARAMOS DE AMPLIAR AS VISITAS, E SEGUIR FACENDO ACTIVIDADES CONXUNTAS ARREDOR
DO PROXECTO DE CENTRO DESTE CURSO “PONTESAMPAIO, UN COLEXIO DE CINE”.
IAMOS VER UNHAS CURTAS E COMENTALAS NO
COLEXIO. DESPOIS UN GRUPIÑO DE VOLA ÍA IR ONDA ELES A PASAR UNHA XORNADA NO
SEU CENTRO FACENDO DISTINTAS ACTIVIDADES.
TOCA CAMBIO:
“COMPARTIMOS O NOSO TEMPO COS
MAIORES”,
1,2,3
TACHÁAAAAAN!!
“COMPARTIMOS COS MAIORES MENSAXES DE ÁNIMO”,
COMO? FÁCIL.
FACÉNDOLLES CHEGAR DEBUXOS, CARTIÑAS, AUDIOS, VÍDEOS CURTIÑOS (30 segundos máx.),...
TODO PARA ANIMAR O SEU ESPÍRITU E ARRINCARLLES UN SORRISO, QUE SAIBAN QUE
CONTAMOS CON ELES E NON OS ESQUECEMOS.
EN CANTO MANDEDES ESTAS ACTIVIDADES VOLUNTARIAS, AS QUE CHEGUEN ANTES DO 24 VAN NA PRIMEIRA ENTREGA, FARÉMOSLLAS CHEGAR
EN COLABORACIÓN CO PERSOAL DO SEU CENTRO PARA QUE NINGÚN DELES QUEDE SEN UN
AGARIMO ESPECIAL NOSO.
ENVIÁDEOS AO MEU ENDEREZO ELECTRÓNICO bibliopinco@gmail.com
CO
ASUNTO "OS MAIORES"
ÁNIMO
FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario