domingo, 17 de maio de 2020

Dia das Letras Galegas

OOOLA!!
Estamos hoxe de celebración
   FELIZ   
 DIA DAS LETRAS GALEGAS 
 Este ano 2020 está adicado a
D. Ricardo Carballo Calero.

Con tal motivo, pedíravos tres palabras para escoller.
Mandastes unha morea de palabras e algunhas fotos.
Hai para todos os gustos,
 diso se trataba😉.
 Unhas son sonoras, outras de animais, moitas teñen que ver coa necesidade de contacto cos demais que xerou este confinamento; algunha decorada, outras teñen que ver coas ferramentas, en fin hai de todo.
   Quedara en facer un cartel con elas,    
     aí o tedes!     




 Buscade onde están as vosas!
Tamén mandastes bastantes fotos de cubertas de libros en galego que tiñades na casa.
Aquí ven a seguinte actividade:
Coas palabras dos títulos destes libros, tentade redactar un relato curto. 
Podedes escribilo ou grabar un vídeo, "en galego".
 

 
 

 
     Ollade o traballo que fixeron Athenea e Delia:    
Agora é a vosa quenda.
 Espero os vosos relatos!! 
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

venres, 15 de maio de 2020

Dia da Familia


OOOLA!!  

Estou un pouco preocupado
Non paran de chegarme mensaxes de xente abraiada por atopar durante os seus paseos luvas e máscaras ciscadas polo chan.
As medidas de hixiene son para previr os contaxios.
De momento non queda outra que usar as máscaras e luvas, cando nolo indiquen,  aínda que se poidan lavar e reutilizar algunhas delas ”non todas” chega un momento que hai que desbotalas nos cubos de lixo dos establecementos, ou nos da casa para botar despois ao contedor verde.
 NUNCA BOTALOS AO CHAN”
Ben sei que “vós” non o facedes, sodes ben aprendidos, pero si que podedes lembrarlle a quen non saiba e aos vosos coñecidos e familiares que non lle acorde que axuden a non contaminar propagando o virus, nin o planeta de paso.
Parabéns para todas as familias confinadas por máis de dous meses polo seu dia.
Xa queda menos para pasar a outra fase, pero “con sentidiño”.

Xa van chegando as vosas aportacións. Lembrade que aínda estades a tempo de mandar as vosas aportacións.
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

xoves, 14 de maio de 2020

OOOLA!! 
Como vai ese ánimo?
Paseniño van abrindo os establecementos, pero o sentidiño que non falte.
Van xa dous meses e para non volver atrás hai que ter moito coidado e seguir todas as recomendacións moi ben.
O máis importante é lavar moi ben as mans e
 manter unha distancia de dous metros coa xente que atopemos.
Vale máis  ir amodo que rápido de máis.
Tráiovos unha boísima noticia.
Dende o luns xa está aberta a Biblioteca “Luís Seoane” en Arcade.
O horario é de 11 a 13.30 horas da mañá, iso si, con cita previa.
Antes de ir tedes que contactar por teléfono 986 700 291 ou mandando un email: biblioteca@soutomaior.com. tamén hai que levar máscara e luvas.
De calquera xeito, os préstamos están prorrogadas ata o 11 de xuño, así evitamos as aglomeracións nas devolucións destes dous meses.
Foto da parede na entrada á biblioteca.

Dende a biblioteca queren compartir con vós un xogo interactivo co gallo do 
 Día das Letras Galegas .
Se queredes participar precisades un enderezo electrónico para que vos manden as solucións e para participar nun sorteo dun lote de libros entre os/as que participedes.
 Premede no enlace  debaixo:
 Lembrade que tedes información sobre D.Ricardo Carballo Calero
na entrada anterior. Vaivos vir ben para facer este xogo😉

NON ESQUEZADES SEGUIR  ENVIANDO AS VOSAS COLABORACIÓNS.

ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

venres, 8 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

OOOLA!!
Como van eses paseos?
Imaxínome que saben a pouco, mais hai menos de tres semanas nin sequera podiades saír...
Sempre temos que mirar as cousas polo lado positivo.
Avanzamos o mes de maio, mes das flores, mes das Letras Galegas, ...
A estas alturas do curso, logo da festa dos maios, estariamos traballando arreo recompilando información e aprendendo sobre D. Ricardo Carballo Calero, autor a quen se lle dedica este ano 2020 o 
Día das Letras Galegas.
Ollade este vídeo que montaron sobre a súa vida e obra no Colexio San Pío X de Ourense.
D.Ricardo Carballo Calero pasará a historia tamén por ser o primeiro escritor galego ao que se lle homenaxea nos centros no mes de outubro polo estado de alarma.
Para afondar máis sobre o autor, déixovos os enlaces a dúas páxinas a través das que podedes aprender polo miúdo sobre el.
Grazas á labor do Seminario Galán que dende hai anos comparte información sobre o autor ou autora homenaxeada do ano e propón actividades para facer nos distintos niveis.
Preme para acdeder á páxina

Os tres libros de cores que aparecen o abrir o enlace lévanvos ás actividades en liña, a actividades para imprimir e a unha galería de fotos do autor.
 Probade!
Preme para viaxar pola "Primavera das Letras"

A Real Academia Galega proponvos unha viaxe pola “Primavera das Letras” con información, xogos e actividades interactivas sobre
Ricardo Carballo Calero.

A celebración deste 17 de maio podemos transformala de novo, xa estamos afeitos.
 Teño algunhas propostas para vós:
 Primeira: escoller as tres palabras en galego que máis vos gusten. 
Porque soen ben, porque sexan curtas, porque sexan longas, porque cando as escoitades aparece un sorriso na vosa cara, porque...
"pola razón que sexa".
Entre todas as palabras que enviedes elixiremos as que máis se repitan para facer un cartel.
Segunda: escoller un libro en galego que teñades na casa,
 o que prefirades.
Facer e mandar unha foto da cuberta onde se mire ben o título.
As fotos que cheguen antes do 17 de maio, publicarémolas no blog.
Terceira: facer un relato  curto usando as palabras que aparezan nas cubertas dos libros que mandastes. 
A extensión do relato cun máximo de 250 palabras .
Remataremos o mes das letras publicando os vosos relatos.
As colaboracións mandádeas, coma sempre, ao meu email bibliopinco@gmail.com  indicando no asunto:

# PALABRAS ESCOLLIDAS

#CUBERTAS CONFINADAS

#RELATO CURTO
ÁNIMO FAMILIAS!

XA QUEDA UN DÍA MENOS

domingo, 3 de maio de 2020

Saúdos aos maiores


OOOLA!!
Esta mensaxe é para lembrarvos que as aportacións que mandastes para enviarlles unha mensaxe de Ánimo e darlles unha Boa Aperta aos nosos amigos e as nosas amigas maiores do Centro de Día Boas Apertas de Arcade.
Levamos colaborando moitos anos, vivindo unha experiencia inesquecible, compartindo actividades tanto no seu centro coma no noso colexio.
Nestes momentos tan complicados para todos non podemos esquecernos de todos eles.
Esperabamos con ledicia a vosa visita e quedámonos coas gañas, pero soamente este curso, xa que para o ano quedamos seguro.
Este agasallo é para vós nestes días tan estraños.
Unha Boa Aperta confinada
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

sábado, 2 de maio de 2020

2 de maio

OOOLA!!

Xa sei que onte choveu os sete choveres, que ir por flores era complicado, 
pero dentro do maio confinado, nos vale todo.
Como seguimos confinados, cunha pouquiña liberdade, se queredes podedes ir mandando os vosos maios cando vaia mellorando o tempo e poidades ou queirades facelos.
Todos os días deberían ser en contra contra o Bullying ou Acoso Escolar (ou de calquera tipo de violencia), contra todas as actitudes execrables... máis hoxe, 2 de maioé o
Día Internacional contra o Bullying ou o Acoso Escolar.
Ollade estas curtas:


NON LLE FAGAS BULLYING A NINGUÉN!!!

NON SEXAS MONSTRO!!! 
NON SON UN XOGUETE!!!
SE VALIENTE COMO MARINA!!!
Estas curtas que vos traio non as escollín ao chou, 
hoxe é outro deses días nos que hai que facer visible, 
para toda persoa  que teña
   "Perdas de Memoria a Curto Prazo" como a de Dory" 
 o que temos que ter presente durante todo o tempo e 
durante todos os días do ano.
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS