Con tal motivo, pedíravos tres palabras para escoller.
Mandastes unha morea de palabras e algunhas fotos.
Hai para todos os gustos,
diso se trataba😉.
Unhas son sonoras, outras de animais, moitas teñen que ver coa necesidade de contacto cos demais que xerou este confinamento; algunha decorada, outras teñen que ver coas ferramentas, en fin hai de todo.
Quedara en facer un cartel con elas,
aí o tedes!
Buscade onde están as vosas!
Tamén mandastes bastantes fotos de cubertas de libros en galego que tiñades na casa.
Aquí ven a seguinte actividade:
Coas palabras dos títulos destes libros, tentade redactar un relato curto.
Podedes escribilo ou grabar un vídeo, "en galego".
Non paran de chegarme mensaxes de
xente abraiada por atopar durante os seus paseos luvas e máscaras ciscadas polo
chan.
As medidas de hixiene son para
previr os contaxios.
De momento non queda outra que
usar as máscaras e luvas, cando nolo indiquen, aínda que se poidan lavar e reutilizar
algunhas delas ”non todas” chega un momento que hai que desbotalas nos cubos de
lixo dos establecementos, ou nos da casa para botar despois ao contedor verde.
“NUNCA
BOTALOS AO CHAN”
Ben sei que “vós” non o facedes, sodes
ben aprendidos, pero si que podedes lembrarlle a quen non saiba e aos vosos coñecidos
e familiares que non lle acorde que axuden a non contaminar propagando o virus,
nin o planeta de paso.
Parabéns para todas as familias
confinadas por máis de dous meses polo seu dia.
Xa queda menos para pasar a outra
fase, pero “con sentidiño”.
Xa van chegando as vosas
aportacións. Lembrade que aínda estades a
tempo de mandar as vosas aportacións.
ÁNIMO
FAMILIAS!
XA QUEDAUNDÍAMENOS
xoves, 14 de maio de 2020
OOOLA!!
Como vai ese ánimo?
Paseniño van abrindo os establecementos,
pero o sentidiño que non falte.
Van xa dous meses e para non volver atrás
hai que ter moito coidado e seguir todas as recomendacións moi ben.
O máis importante é lavar moi ben as mans e
manter unha distancia de dous metros coa xente que atopemos.
Vale máisir amodo que rápido de máis.
Tráiovos unha boísima noticia.
Dende o luns xa está aberta a Biblioteca “Luís Seoane” en Arcade.
O horario é de 11 a 13.30 horas da mañá, iso
si, con cita previa.
Antes de ir tedes que contactar por
teléfono 986 700 291ou mandando un
email: biblioteca@soutomaior.com. tamén hai que levar máscara e luvas.
De calquera xeito, os préstamos están
prorrogadas ata o 11 de xuño, así evitamos as aglomeracións nas devolucións
destes dous meses.
Foto da parede na entrada á biblioteca.
Dende a biblioteca
queren compartir con vós un xogo interactivo co gallo do
Día das Letras Galegas .
Se queredes participar precisades un
enderezo electrónico para que vos manden as solucións e para participar nun
sorteo dun lote de libros entre os/as que participedes.
Imaxínome que saben a pouco, mais hai menos de tres
semanas nin sequera podiades saír...
Sempre temos que mirar as cousas polo lado positivo.
Avanzamos o mes de maio,
mes das flores, mes das Letras Galegas, ...
A estas alturas do curso, logo da festa dos maios, estariamos
traballando arreo recompilando información e aprendendo sobre D. Ricardo Carballo Calero, autor a quen se lle dedica este ano 2020 o
Día das Letras Galegas.
Ollade este vídeo que montaron sobre a súa vida e obra no Colexio San Pío X de Ourense.
D.Ricardo Carballo Calero pasará a historia tamén por ser o primeiro escritor galego ao que se lle homenaxea nos centros no mes de outubro polo estado de alarma.
Para afondar máis sobre o autor, déixovos os enlaces a dúas páxinas a través das que podedes aprender polo miúdo sobre el.
Grazas á labor do Seminario Galánque dende hai anos comparte información
sobre o autor ou autora homenaxeada do ano e propón actividades para facer nos
distintos niveis.
Esta mensaxe é
para lembrarvos que as aportacións que mandastes para enviarlles unha mensaxe
de Ánimo e darlles unha Boa Aperta aos nosos amigos e as nosas amigas maiores do
Centro de Día Boas Apertasde Arcade.
Levamos colaborando
moitos anos, vivindo unha experiencia inesquecible, compartindo actividades
tanto no seu centro coma no noso colexio.
Nestes momentos
tan complicados para todos non podemos esquecernos de todos eles.
Esperabamos con
ledicia a vosa visita e quedámonos coas gañas, pero soamente este curso, xa que
para o ano quedamos seguro.
Este agasallo é
para vós nestes días tan estraños.
Xa sei que onte choveu os sete choveres, que ir por flores era complicado,
pero dentro do maio confinado, nos vale todo.
Como seguimos confinados, cunha pouquiña liberdade, se queredes podedes ir mandando os vosos maios cando vaia mellorando o tempo e poidades ou queirades facelos.
Todos os días deberían ser en contra contra o Bullying ou Acoso Escolar (ou de calquera tipo de violencia), contra todas as actitudes execrables... máis hoxe, 2 de maio, é o
Día Internacional contra o Bullying ou o Acoso Escolar. Ollade estas curtas:
NON LLE FAGAS BULLYING A NINGUÉN!!!
NON SEXAS MONSTRO!!!
NON SON UN XOGUETE!!!
SE VALIENTE COMO MARINA!!!
Estas curtas que vos traio non as escollín ao chou, hoxe é outro deses días nos que hai que
facer visible,
para toda persoa que teña
"Perdas de Memoria a Curto Prazo"como a de Dory"
o que temos que ter presente durante todo o
tempo e