luns, 26 de abril de 2021

O libro que me marcou na miña nenez

É a actividade á que convidamos ás familias a participar durante a Semana Do Libro

 A proposta era a de compartir na clase dos seus fillos e/ou súas fillas a historia de “aquel” ou “aqueles libros” especiais, emocionantes ou evocadores que lle moveran algo por dentro ao lelos ou escoitalos.

As familias responderon a esta proposta de lecturas compartidas co alumnado con moito interese e con tanta participación que que foi complexo cadrar as quendas durante a semana.

Sempre seguindo as medidas de protocolo, co distanciamento necesario e sen coincidir os grupos, a semana foi moi intensa e literaria.

Non puideron vir todas as familias que se prestaron a participar, mais houbo todos os días algún curso realizando esta actividade.

Cando o tempo o permitiu fixéronse as lecturas fóra, outras miráronas no encerado dixital e outras puideron ser simultáneas en diferentes espazos do patio co bo tempo que facía.

Compartiron lecturas, historias e anécdotas en relación cos libros que levaron. Souberon que había fascículos e tiñas que esperar a rematar a colección para encadernar o libro, que xa había hora de ler hai moitos anos; que na internet podes conseguir as veces libros antigos, que ... 

Estes foron algúns dos libros que trouxeron as familias ao colexio para compartir con nós: A Odisea, El libro gordo de Petete,  Fray Perico y su borrico, “A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza”, “La historia interminable”, O libro da Illa de San Simón, O corno do unicornio, “O principiño”, “En busca del nido”, La voz interior, Un punto, Dorme como un tigre, El príncipe feliz, El libro de Borja y Pancete”, ... 


O noso máis sincero agradecemento a todas as familias participantes nas actividades propostas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario