venres, 23 de abril de 2021

Semana do libro

 OOOLA!!  


DÍA DO LIBRO! 

DÍA  COMPLETO NO QUE  HOUBO FAMILIAS LENDO, ENTREGA DE PREMIOS, VÍDEOS,  AGASALLOS LECTORES E MOITOS LIBROS.

COMO XA  SABEDES, HOXE TAMÉN É O DÍA DO DEREITO DE AUTOR.

A DATA ESCOLLÉRONNA POLA COINCIDENCIA DO PASAMENTO DE TRES GRANDES ESCRITORES UN 23 DE ABRIL DO ANO 1616: Miguel De Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso De La Vega.

ESTE É O VÍDEO DO PRIMEIRO EPISODIO DA SERIE DE DEBUXOS DE TVE DE D. QUIJOTE DE LA MANCHA

RESOLVEMOS OS TRES RELATOS GAÑADORES DO CONCURSO LITERARIO NAS AULAS DE 4º e 5º DE PRIMARIA.  

TODOS OS PARTICIPANTES RECIBIRON UN PEQUENO DETALLE.

AS AUTORAS E O AUTOR DESTES RELATOS GAÑADORES FORON AGASALLADOS CUN LIBRO.   

LOGO DA BOA ACOLLIDA QUE TIVO POR TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A PROPOSTA  “O Libro Que Me Marcou Na Miña Nenez” ÁS FAMILIAS, PROCURAREMOS REPETIR A EXPERIENCIA MÁIS VECES.

REMATAMOS A SEMANA COA ACTIVIDADE DE “Libros a Fóra” QUE ADAPTAMOS AO HORARIO E MEDIDAS INDICADAS POLO EQUIPO COVID DO COLEXIO.

SAÍMOS LER POR QUENDAS AO PATIO, EN PARELLAS OU TRÍOS LECTORES.
PASAMOS A XORNADA LENDO, ESCOITANDO E GOZANDO DA MUSICALIDADE QUE PRODUCÍA ESTE SON. 
OLLA   E   ESCOITA!
NA AULA DE 3º HOUBO INTERCAMBIO DE LIBROS FEITOS POLO ALUMNADO
VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA REPARTIRON OS AGASALLOS PARA O ALUMNADO PARTICIPANTE DE 4º E 5º DE PRIMARIA ANTES DE SAIR AO PATIO E RECOLLERON OS LIBROS DA BIBLIO PARA ORDENAR DESPOIS DO REMATE DA ACTIVIDADE.

LEMBRA!!

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!

FORA VIRUS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario