xoves, 25 de novembro de 2021

Día contra a Violencia de Xénero

OOOOLA!!

ONTE FOI O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESTE É O PRODUTO FINAL DUNHA SERIE DE ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN QUE LEVAMOS A CABO NESTE CENTRO.

COMEZAMOS COA PRESENTACIÓN DO LIBRO
PEÚGO, O CALCETÍN MELENUDO POLA SÚA AUTORA JESSICA RODRÍGUEZ PIÑEIRO QUE, DESPOIS DE LELO, FIXO UN OBRADOIRO PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO CO ALUMNADO DE 1º E 5º DE PRIMARIA.

POLO COVID-19 SOAMENTE PUIDERON PARTICIPAR DOUS GRUPOS DIRECTAMENTE COA AUTORA.

POR TODAS AS OUTRAS AULAS FOI CATA, A MESTRA DE PT, E FOI ELA QUEN LLES CONTOU ESTA PECULIAR HISTORIA. TAMÉN FIXERON O OBRADOIRO CON ELA CUNHA MONTONEIRA DE CALCETÍNS DESPARELLADOS NA BIBLIOTECA.




A NOSA ORIENTADORA, BEA, FOI POR TODAS AS AULAS A FACER UN OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS PARTINDO DO CONTO “A MELLOR SOPA DO MUNDO”



CADA AULA ELABOROU UNHA RECEITA COS INGREDIENTES MÁXICOS QUE FORON XURDINDO: Aceite del amor, Apertas, Mel da risa,...

ESTES DÍAS NAS AULAS FORON DECORANDO COLOREARON CALCETÍNS E ESCRIBIRON NELES PALABRAS DE RESPECTO E UNHA PEZA DUN CREBACABEZAS

 PARA ELABORAR UN MURAL COOPERATIVO CO LEMA

“CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, A MARABILLA DO RESPECTO”

O GRUPO DE VOLUNTARIXS DA BIBLIOTECA MONTARON O CREBACABEZAS COAS PEZAS E AS LETRAS DO LEMA FEITAS POR TODO O ALUMNADO DO CENTRO.

FIXEMOS UNHA REPRESENTACIÓN PENDULANDO NA ENTRADA O MURAL E OS CALCETÍNS DECORADOS NA AULA REXEITANDO A VIOLENCIA DE XÉNERO.

SEMPRE TEMOS PRESENTE O RESPECTO QUE MERECE TODO O MUNDO A SER E ACTUAR CON LIBERTADE E SEN VIOLENCIA DE NINGÚN TIPO.

ABURIÑO!!

 

¡OLLO! COAS DISTANCIAS

xoves, 18 de novembro de 2021

Magosto

OOOOLA!!

QUE MAÑÁN DE NOVEMBRO MÁIS LUCIDA TIVEMOS ONTE.

ESTE OUTONO CADROUNOS UN TEMPO FANTÁSTICO.

COAS CASTAÑAS E A LEÑA QUE TRUXERON DE CASA, JOSE PUIDO ASAR AS CASTAÑAS E KARL, O LECTOR DE INGLÉS QUE TEMOS ESTE CURSO, DESCUBRIU UNHA DAS NOSAS TRADICIÓNS DE OUTONO: O MAGOSTO



PASAMOS BOA PARTE DA MAÑÁ AO AIRE LIBRE ENTRE XOGOS E CASTAÑAS.

O ALUMNADO FOI ROTANDO POLOS XOGOS CO SEU GRUPO, GARDANDO AS DISTANCIAS E CON DESINFECCIÓN DE MANS NOS CAMBIOS DE XOGOS.


AS CARREIRAS DE SACOS  NON PODÍAN FALTAR
PERO O "CASTAÑAZO AO PROFE " FOI UN DOS XOGOS MÁIS ESPERADOS

ESPERAMOS PODER FACER O PRÓXIMO NOVEMBRO OS XOGOS TRADICIONAIS COAS FAMILIAS.

ANTES DE REPARTIR AS CASTAÑAS 

ENTREGAMOS OS AGASALLOS DO CONCURSO DE CABAZAS.

FINALMENTE MERENDAMOS AS CASTAÑAS QUE ENCHÍAN OS CUCURUCHOS QUE FIXEMOS.  

QUE BOAS E QUENTIÑAS ESTABAN!!

ABURIÑO!!

¡OLLO! COAS DISTANCIAS

luns, 1 de novembro de 2021

Samaín na Ponte 21.22

OOOOLA!!

ESTE OUTONO CONTINUAMOS MANTENDO AS TRADICIÓNS DA CONTORNA COA FESTA DE SAMAÍN E DO HALLOWEN TAMÉN.

CADA VEZ PODEMOS ACHEGARNOS UN POUQUIÑO MÁIS Á NORMALIDADE E ACOMODAMOS AS CELEBRACIÓNS ÁS MEDIDAS ACTUALIZADAS QUE MARCA O PROTOCOLO COVID.



O EQUIPO DA BIBLIOTECA E AS VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA FIXEMOS UNHA ESCOLMA DOS FONDOS QUE HAI NO CATÁLOGO E AS NOVAS ADQUISICIÓNS PARA LER ESTES DÍAS E MONTAMOS UNHA EXPOSICIÓN CON ELES.

DECORAMOS AS PORTAS DAS AULAS COS TRABALLOS FEITOS NAS CLASES. OLLADE QUE LUCIDAS QUEDARON



ESTES DÍAS ESTAMOS ELABORANDO UNS CONTOS COOPERATIVOS ROTANDO DOUS RELATOS DE MEDO POR TODAS AS AULAS.

COMEZARON CON ESTE PARAGRAFO IGUAL OS DOUS:

“Esa noite era moi escura e asombrosamente silenciosa na Ponte, ata que... 

MAIS COMO ROTARON POLAS AULAS EN DIFERENTE ORDE, XA VEREMOS COMO QUEDAN CANDO PASEN POR TODAS E COMO REMATAN... PUBLICARÉMOLO MÁIS ADIANTE.

O VENRES 29 ROTAMOS AS E OS PROFES POLAS AULAS FACENDO OBRADOIROS COOPERATIVOS DE CONTOS, DIFERENTES MANUALIDADES 

CON MÁSCARAS E ANTIFACES TERRORÍFICOS NAS AULAS.

ALGUNHAS DAS MERENDAS DABA MOITA MÁGOA NON PODER COMPARTILAS.

NA ENTRADA DO COLE AS CABAZAS QUE FIXERON EN FAMILIA DECORABAN O COLEXIO. 

LOGO DA VOTACIÓN, A  CABAZA DE  ALBA DE 4º CURSO DE PRIMARIA  FOI A  GAÑADORA  E AS DE  AARÓN E SARA DE 6º P EMPATARON NO SEGUNDO LUGAR.

NA FESTA DO MAGOSTO RECIBIRÁN UN AGASALLO.


PASARON AS NENAS E OS NENOS DANDO MEDO POLO “PHOTOCALL” DO SAMAÍN CANDO ÍAN SAINDO AO RECREO NAS SÚAS QUENDAS:

METEN MEDO, EH?

OLLADE CON QUE PINTAS VIÑESTES AO COLEXIO

O CURSO QUE VEN MÁIS

ABURIÑO!!

¡OLLO! COAS DISTANCIAS