xoves, 18 de novembro de 2021

Magosto

OOOOLA!!

QUE MAÑÁN DE NOVEMBRO MÁIS LUCIDA TIVEMOS ONTE.

ESTE OUTONO CADROUNOS UN TEMPO FANTÁSTICO.

COAS CASTAÑAS E A LEÑA QUE TRUXERON DE CASA, JOSE PUIDO ASAR AS CASTAÑAS E KARL, O LECTOR DE INGLÉS QUE TEMOS ESTE CURSO, DESCUBRIU UNHA DAS NOSAS TRADICIÓNS DE OUTONO: O MAGOSTO



PASAMOS BOA PARTE DA MAÑÁ AO AIRE LIBRE ENTRE XOGOS E CASTAÑAS.

O ALUMNADO FOI ROTANDO POLOS XOGOS CO SEU GRUPO, GARDANDO AS DISTANCIAS E CON DESINFECCIÓN DE MANS NOS CAMBIOS DE XOGOS.


AS CARREIRAS DE SACOS  NON PODÍAN FALTAR
PERO O "CASTAÑAZO AO PROFE " FOI UN DOS XOGOS MÁIS ESPERADOS

ESPERAMOS PODER FACER O PRÓXIMO NOVEMBRO OS XOGOS TRADICIONAIS COAS FAMILIAS.

ANTES DE REPARTIR AS CASTAÑAS 

ENTREGAMOS OS AGASALLOS DO CONCURSO DE CABAZAS.

FINALMENTE MERENDAMOS AS CASTAÑAS QUE ENCHÍAN OS CUCURUCHOS QUE FIXEMOS.  

QUE BOAS E QUENTIÑAS ESTABAN!!

ABURIÑO!!

¡OLLO! COAS DISTANCIAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario