xoves, 25 de novembro de 2021

Día contra a Violencia de Xénero

OOOOLA!!

ONTE FOI O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESTE É O PRODUTO FINAL DUNHA SERIE DE ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN QUE LEVAMOS A CABO NESTE CENTRO.

COMEZAMOS COA PRESENTACIÓN DO LIBRO
PEÚGO, O CALCETÍN MELENUDO POLA SÚA AUTORA JESSICA RODRÍGUEZ PIÑEIRO QUE, DESPOIS DE LELO, FIXO UN OBRADOIRO PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO CO ALUMNADO DE 1º E 5º DE PRIMARIA.

POLO COVID-19 SOAMENTE PUIDERON PARTICIPAR DOUS GRUPOS DIRECTAMENTE COA AUTORA.

POR TODAS AS OUTRAS AULAS FOI CATA, A MESTRA DE PT, E FOI ELA QUEN LLES CONTOU ESTA PECULIAR HISTORIA. TAMÉN FIXERON O OBRADOIRO CON ELA CUNHA MONTONEIRA DE CALCETÍNS DESPARELLADOS NA BIBLIOTECA.




A NOSA ORIENTADORA, BEA, FOI POR TODAS AS AULAS A FACER UN OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS PARTINDO DO CONTO “A MELLOR SOPA DO MUNDO”



CADA AULA ELABOROU UNHA RECEITA COS INGREDIENTES MÁXICOS QUE FORON XURDINDO: Aceite del amor, Apertas, Mel da risa,...

ESTES DÍAS NAS AULAS FORON DECORANDO COLOREARON CALCETÍNS E ESCRIBIRON NELES PALABRAS DE RESPECTO E UNHA PEZA DUN CREBACABEZAS

 PARA ELABORAR UN MURAL COOPERATIVO CO LEMA

“CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, A MARABILLA DO RESPECTO”

O GRUPO DE VOLUNTARIXS DA BIBLIOTECA MONTARON O CREBACABEZAS COAS PEZAS E AS LETRAS DO LEMA FEITAS POR TODO O ALUMNADO DO CENTRO.

FIXEMOS UNHA REPRESENTACIÓN PENDULANDO NA ENTRADA O MURAL E OS CALCETÍNS DECORADOS NA AULA REXEITANDO A VIOLENCIA DE XÉNERO.

SEMPRE TEMOS PRESENTE O RESPECTO QUE MERECE TODO O MUNDO A SER E ACTUAR CON LIBERTADE E SEN VIOLENCIA DE NINGÚN TIPO.

ABURIÑO!!

 

¡OLLO! COAS DISTANCIAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario