O curso pasado veu ao noso colexio o ilustrador Carlos Taboada e pintou un mural no que se ve reflectido o máis salientable da historia da contorna de Pontesampaio.
Esta iniciativa, está dentro do programa “O teu cole na historia, coñecendo a nosa contorna”, da Concellería de Educación do Concello.
Naquel momento non podiamos ter visitas dentro do colexio así que moitos de vos atopastes o mural feito dun día para outro.
Onte, viñeron Carlos e Roberto,os dos son parte do colectivo Polo correo do vento.
Primeiro foi o alumnado de Infantil o que gozou cunha sesión de animación con eles.
Despois chegoulle o turno ao alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Explicaron porqué escolleron esas ilustracións para pintar e decoral o noso mural.
Compartiron información, música e un debuxo
dunha traballadora de PONTESA, que
Carlos foi facendo á vez que conversaba cos nenos e nenas e Roberto tocaba.
Aprenderon tamén a signar algunha acción e a aplaudir con lingua de signos.
Agora xa coñecen ao ilustrador que pintou o mural e falaron con el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario