Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 22 de abril de 2022

O meu cole na historia

    O curso pasado veu ao noso colexio o ilustrador Carlos Taboada e pintou un mural no que se ve reflectido o máis salientable da historia da contorna de Pontesampaio.

    Esta iniciativa, está dentro do programa “O teu cole na historia, coñecendo a nosa contorna”,  da  Concellería de Educación do Concello.

    Naquel momento non podiamos ter visitas dentro do colexio así que moitos de vos atopastes o mural feito dun día para outro.

    Onte, viñeron Carlos e Roberto,os dos son parte do colectivo Polo correo do vento.

   Primeiro foi o alumnado de Infantil o que gozou cunha sesión de animación con eles.

Despois chegoulle o turno ao alumnado de 1º e 2º de Primaria.

   Explicaron  porqué escolleron esas ilustracións para pintar e decoral o noso mural.

Compartiron información, música e un debuxo dunha traballadora de PONTESA, que 

Carlos foi facendo á vez que conversaba cos nenos e nenas e Roberto tocaba.

    Aprenderon tamén a signar algunha acción e a aplaudir con lingua de signos.

    Agora xa coñecen ao ilustrador que  pintou o mural e falaron con el.

    Repartiron cadanseu folleto no que están todos os murais que pintou Carlos nos colexios do concello de Pontevedra.



Ningún comentario:

Publicar un comentario