sábado, 30 de abril de 2022

Plan Director

   Chegou o día no que todo o alumnado de 6º de primaria recibiu o seu carné de Ciberexpert@s.

Para facer a entrega, viñeron ao colexio a Subdelegada do Goberno, o Comisario da Policía Nacional de Pontevedra 

e os axentes da Policía Nacional Roberto e Antón, que foron os encargados de darlles a formación. 

Ao longo de varias xornadas ensináronlles e fixeronlles ver  as precaucións que hai que ter ao navegar na internet, coas redes sociais,

a cantidade de información nosa que deixamos  sen saber cun so like,... entre outras cousas.

Logo dunhas palabras procederon a entregarlles cadanseu carné de Ciberexpert@s

Co acto de entrega dos carnés, rematamos a actividade de formación no aveiro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna  deste curso.

Contamos o curso que ven continuar con este programa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario