DENTRO DAS ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL, TODO O COLECTIVO GOZOU DUNHA XORNADA DE TEATRO AO AIRE LIBRE DA MAN DE CÉSAR, O HOME ORQUESTRA.
PRESENTOUNOS O SEU ESPECTÁCULO A VOAR!
CO SEU BEN FACER, CÉ FIXO BAILAR, CANTAR, RIR E GOZAR CONTANDO E CANTANDO A HISTORIA DA VIAXE DE
A XOANIÑA Xoana.
ADEMAIS DE CONTAR, CANTAR, TOCAR O BOMBO, OS PRATOS, A HARMÓNICA E O ACORDEÓN TODO Á VEZ,
FÍXONOS PARTICIPAR ACTIVAMENTE NO ESPECTÁCULO.
ERA BASTANTE COMPLICADO ESCOLLER ALGUÉN ENTRE TANTA MAN LEVANTADA.
ATRAPOUNOS COAS AVENTURAS DE XOANA,
Farruco, Caralampio,
Rosalía e Martiño.
COMO BEN SE VE, O ÉXITO FOI TOTAL.
LOGO DE TANTA TROULA, HOUBO UN ÚNICO PROBLEMA...
"RETOMAR A XORNADA ESCOLAR"
MAIS CO BO DÍA QUE FACÍA TIVEMOS MÁIS ACTIVIDADES FÓRA QUE DENTRO.
MERECIDOS FORON OS MOITOS APLAUSOS QUE LEVOU.
GRACIÑAS CÉ POR ESTA MARABILLOSA XORNADA.
ABURIÑO!!
OLLO, QUE XA QUEDA MENOS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario