venres, 20 de maio de 2022

Letras Galegas

 

ESTE ANO CORRESPONDEULLE A HONRA  DE SER ESCOLLIDO COMO AUTOR HOMENAXEADO NO 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 

AO POETA 

  FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN  

NADO EN CÓRGOMO DE VALDEORRAS,  NA PROVINCIA DE OURENSE NO ANO 1903.

EN CADA AULA, A PARTE DE AFONDAR NA VIDA E OBRAS DO AUTOR E USAR OS RECURSOS DO SEMINARIO GALÁN 

ILUSTRARON UN CARTEL LOGO DE ESCOITAR E TRABALLAR UN POEMA  DIFERENTE EN CADA CURSO, 

QUE SE CORRESPONDÍA AS DISTINTAS ETAPAS DA SÚA VIDA.

PARA ELABORAR ESTES CARTEIS, HOUBO QUE FACER UNHA POSTA EN COMÚN

 E ESCOLLER EN CADA CURSO  DEBUXOS, TEXTOS,

 ADEMAIS DA MONTAXE  MÁIS AXEITADA PARA ILUSTRAR CADA POEMA.

LOGO DESTAS TAREFAS,  MONTAMOS UN GRAN MURAL COLABORATIVO NO CORREDOR DA PLANTA BAIXA COAS DISTINTAS CREACIÓNS. 

 COMO RESULTADO  FINAL  DO  TRABALLO  CONXUNTO  DE  TODOS  OS CURSOS, XURDIU   ESTE  GRAN  MURAL.


luns, 16 de maio de 2022

A Galiña Azul

OOOOLA!!  

b6d46d48-3a52-4da0-ae03-67e36d3913a4

MOITOS DOS RECREOS DE CHOIVA FORON MÁIS LEVADEIROS PARA A RAPAZADA DE INFANTIL CANDO APARECÍAN VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA PARA LERLLES OU CONTARLLES ALGUNHA HISTORIA.

AO LONGO DO SEGUNDO TRIMESTRE, UN GRUPO DE VOLUNTARI@S ESTIVERON A PREPARAR UNHAS LECTURAS PARA IR A CONTAR A EEI DE SOUTOMAIOR, EN ARCADE.

DESEÑARON E CREARON UNS MONICREQUES PARA ACOMPAÑAR E DINAMIZAR AS LECTURAS QUE PREPARARON PARA A RAPAZADA.

O ALUMNADO DE INFANTIL DO NOSO COLEXIO FOI O PRIMEIRO EN GOZAR DESTAS DRAMATIZACIONES.

 

ESTE MÉRCORES, POR FIN, PUIDEMOS IR C@S VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA A DESENVOLVER A ACTIVIDADE “OS PEQUENOS CONTAN” NA ESCOLA INFANTIL A GALIÑA DE ARCADE.

COMO O DÍA ESTABA SOLLEIRO, FIXEMOS O TRAXECTO DENDE O COLEXIO ATA ARCADE ANDANDO.

ESPERÁBANOS VIVI, A MESTRA DOS "MAIORES". HOUBO QUE PÓR CALZAS NOS PÉS, BOTAR XEL E POR A MÁSCARA ANTES DE ENTRAR NO EDIFICIO.

NAMENTRES PREPARABAN O “ESCENARIO” FOI ENTRANDO PASENIÑO O PÚBLICO MIÚDO, ENTRE O QUE ESTABAN DÚAS NENAS QUE COMEZAN O PRÓXIMO CURSO NO NOSO COLEXIO.

“LA ARAÑA MÁS INTELIGENTE”, “MONSTRO ROSA”, ¡DÉJA DE QUEJARTE! E “A QUE SABE A LÚA SON OS TÍTULOS QUE PREPARARON.

NON SEI QUEN GOZOU MÁIS, PORQUE AS NENAS E OS NENOS DA ESCOLA ESTIVERON CALAD@S, ATENT@S E PEDÍAN OUTRO, OUTRO! CANDO REMATABAN CADA CONTO.

O PÚBLICO INFANTIL ESTIVO MOI PARTICIPATIVO, APLAUDIRON SEGUIDO, CONTESTARON ALGUNHAS PREGUNTAS QUE LLES FIXERON AO REMATAR OS CONTOS.

PUIDERON VER DE PRETO OS SEUS MONICREQUES QUE LEVARON PARA ANIMAR AS HISTORIAS.

FIXEMOS UNHA FOTO DIANTE DA ENTRADA.

FOI UNHA MAÑÁ DE GRAN LEDICIA, NON PARARON DE FALAR NO TRAXECTO DE IDA E DE VOLTA AO COLEXIO QUE FIXERON ANDANDO.

O CURSO QUE VEN RETOMAREMOS ESTA ACTIVIDADE XUNTO CON “OS MAIORES CONTAN”  GUSTOSAMENTE.

ABURIÑO!!

domingo, 1 de maio de 2022

O MAIO

OOOLA!!  ESTÁ CLARO QUE REDACTASTES UNHA NOTA "BEN CLARA", PORQUE TIÑAMOS TODO O PRECISO PARA MONTAR O MAIO DESTE ANO.

 TIÑAMOS DE TODO!!  
XESTAS, PAMPULLOS, FIÚNCHOS, CALAS,...

O VENRES, BEN CEDO, COMEZAMOS PREPARAR E CLASIFICAR  O QUE TROUXESTES DE CASA.

👏👏👏👏👏👏👏

COMEZARON AS NENAS E NENOS DE SEGUNDO, PORQUE HOXE TIÑAN UNHA SAÍDA AOS MUÍÑOS E TAMÉN QUERÍAN COLABORAR. 

HABÍA MOITO QUE FACER ANTES DE MONTAR O MAIO: 
CORTANDO, ENFIANDO, DESEÑANDO  E COLOCANDO  TODO NA ESTRUTURA QUE FIXO JOSE HAI UNS ANOS.

NA CLASE DE PRIMEIRO XA SON EXPERTAS

 O ALUMNADO QUE XA TIÑA EXPERIENCIA DOUTROS CURSOS AXUDOU A APRENDER AO MÁIS NOVO

OLLADE O BEN QUE APRENDERON!

  PRIMEIRA VEZ PARA A CLASE TRES ANOS  
O TRABALLO COLABORATIVO DE TODO O COLECTIVO CON NENOS, NENAS, PROFES E O CONSERXE REALIZANDO AS DISTINTAS TAREFAS.
ANTES DE LEVARLLOS OA GRUPO QUE MONTABA O MAIO, HOUBO QUEN  NON RESISTIU A VESTIR  OS COLARES DE PAMPULLOS.
 


DEIXAMOS O MAIO FEITO PARA LOGO DO RECREO E A MERENDA IR Á PISTA E GOZAR DA FESTA. 


MIRADE QUE FEITIÑO! 

ESPERAR QUE TROUXERAN  O MAIO PARA ESCOITAR CANTAR AOS MAIORES AS COPLAS QUE FIXERON.

AO FINAL, FIXEMOS UNHA FOTO TODOS OS GRUPOS DIANTE DO MAIO

   4º INFANTIL   

   5º INFANTIL   

   6º INFANTIL   

   1º PRIMARIA 

  2º PRIMARIA  
  3º PRIMARIA  
  4º PRIMARIA  
  5º PRIMARIA  

E AQUÍ TEDES Á CLASE DE 6º DE PRIMARIA.

Agradecemos a colaboración das Familias un curso máis para o desenvolvemento desta actividade.

PARA  O MAIO DE 2023 MÁIS.

ABURIÑO!! ¡OLLO!  COAS DISTANCIAS