domingo, 1 de maio de 2022

O MAIO

OOOLA!!  ESTÁ CLARO QUE REDACTASTES UNHA NOTA "BEN CLARA", PORQUE TIÑAMOS TODO O PRECISO PARA MONTAR O MAIO DESTE ANO.

 TIÑAMOS DE TODO!!  
XESTAS, PAMPULLOS, FIÚNCHOS, CALAS,...

O VENRES, BEN CEDO, COMEZAMOS PREPARAR E CLASIFICAR  O QUE TROUXESTES DE CASA.

👏👏👏👏👏👏👏

COMEZARON AS NENAS E NENOS DE SEGUNDO, PORQUE HOXE TIÑAN UNHA SAÍDA AOS MUÍÑOS E TAMÉN QUERÍAN COLABORAR. 

HABÍA MOITO QUE FACER ANTES DE MONTAR O MAIO: 
CORTANDO, ENFIANDO, DESEÑANDO  E COLOCANDO  TODO NA ESTRUTURA QUE FIXO JOSE HAI UNS ANOS.

NA CLASE DE PRIMEIRO XA SON EXPERTAS

 O ALUMNADO QUE XA TIÑA EXPERIENCIA DOUTROS CURSOS AXUDOU A APRENDER AO MÁIS NOVO

OLLADE O BEN QUE APRENDERON!

  PRIMEIRA VEZ PARA A CLASE TRES ANOS  
O TRABALLO COLABORATIVO DE TODO O COLECTIVO CON NENOS, NENAS, PROFES E O CONSERXE REALIZANDO AS DISTINTAS TAREFAS.
ANTES DE LEVARLLOS OA GRUPO QUE MONTABA O MAIO, HOUBO QUEN  NON RESISTIU A VESTIR  OS COLARES DE PAMPULLOS.
 


DEIXAMOS O MAIO FEITO PARA LOGO DO RECREO E A MERENDA IR Á PISTA E GOZAR DA FESTA. 


MIRADE QUE FEITIÑO! 

ESPERAR QUE TROUXERAN  O MAIO PARA ESCOITAR CANTAR AOS MAIORES AS COPLAS QUE FIXERON.

AO FINAL, FIXEMOS UNHA FOTO TODOS OS GRUPOS DIANTE DO MAIO

   4º INFANTIL   

   5º INFANTIL   

   6º INFANTIL   

   1º PRIMARIA 

  2º PRIMARIA  
  3º PRIMARIA  
  4º PRIMARIA  
  5º PRIMARIA  

E AQUÍ TEDES Á CLASE DE 6º DE PRIMARIA.

Agradecemos a colaboración das Familias un curso máis para o desenvolvemento desta actividade.

PARA  O MAIO DE 2023 MÁIS.

ABURIÑO!! ¡OLLO!  COAS DISTANCIAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario