Como xa vos adiantamos, hoxe á mañá tivemos
a videoconferencia coa científica e antiga alumna do colexio Miriam Conde
Gómez.
Falounos dende o CHUS, no que fa o
último curso de doctorado.
Compartiu con nós unha presentación na
que contaba como foi a evolución da súa vida académica ata hoxe en día,
describiu o seu traballo científico nos distintos eidos nos que os desenvolveu.
Ensinousnos mulleres extraordinarias con traballos tradicionalmente realizados por homes.
Logo da súa presentación, respondeu as
preguntas que xurdiron entre o alumnado.
Contestou ás preguntas que lle
formularon alumnas e alumnos das clases de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Aprenderon que
Porque traballes na investigación, non tes
que ser aburrida, iso é máis o estereotipo das series de televisión.
Actualmente traballa no campo da saúde. No
seu equipo son todas mulleres, a directora do proxecto tamén.
Non notou ningunha inxustiza por ser
muller no traballo, so cun médico, pero era polo carácter del máis que nada.
Ao preguntarlle polo seu traballo coa
policía, dixo que os casos eran confidenciais, pero si que podía comentar que
axudou a identificar un cadáver que aparecera en África.
Como te sentes o chegares tan alto?
Non se sinte de ningunha maneira por
chegares tan alto, so pensa que quere chegar máis alá, seguir aprendendo.
Que hai moitas clases diferentes de cancro, pero de mama hai tres tipos que se diferencian polos marcadores tumorais.
Se non tivera estudado bioloxía, probablemente
optara por veterinaria, que está no mesmo ramo.
O tipo de cancro que investiga investigando
vai polo sangue normalmente aos pulmóns e aos ósos. Ver o cancro no sangue é bastante
difícil, pero agora podería dicir que é quen de facelo.
O que lle gusta da ciencia é poder saber e descubrir cousas que antes non se sabían. De pequena regaláronlle un microscopio e gustáballe mirar por el.
Miraba os debuxos de “Érase unha vez o corpo”.
Unha pregunta coa que non contaba Miriam
foi:
Que é a neuroxénesis?
Explicou que estudou un tempo o
comportamento das neuronas de pacientes con TEA, e que simplificando, é estudar como se xeran as neuronas.
A sesión de radio de hoxe estivo tamén centrada na conmemoración do 8 de marzo.
Durante a sesión de Hora de Ler, @s voluntari@s contaron na
Biblioteca a historia de algunhas mulleres como Hipatia de Alejandría, Concepción Arenal, Marie Curie e Mª Teresa Portela entre outras.
Todas elas destacaron en
disciplinas tradicionalmente masculinas ao alumnado de Primaria dos cursos máis
baixos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario