martes, 14 de marzo de 2023

PI DAY 14 MARZO 23

   OOOOLA!!

MENUDO   HAΠ  DAY  PASAMOS HOXE!

CELEBRAMOS O   DÍA  DAS  MATEMÁTICAS   E DO NÚMERO Π CUNHA MOREA DE ACTIVIDADES  DIVERTIDÍSIMAS.

COMEZARON NA CLASE DE 5ºP PEGANDO OS CÍRCULOS COA FRASE

EN TODOS OS SITIOS DO COLEXIO ONDE VÍAN CÍRCULOS, CILINDROS E ESFERAS.  PRECISARON A ESCALEIRA DE JOSE, PORQUE ATA NO TEITO DERON CON Π.

PARA MOSTRA UN BOTÓN:

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL SAÍRON A BUSCAR AS PEGATINAS CIRCULARES DE  Π  QUE PEGARAN OS MAIORES DE SEXTO.

 ATOPARON ATA AS QUE ESTABAN PEGADAS NO TEITO.

EN CUARTO CURSO DE PRIMARIA TRABALLARON POR EQUIPOS, SAÍRON AO PATIO ARMADOS CON CINTAS MÉTRICAS E CALCULADORAS NA MAN. 

MEDIRON, ANOTARON, CALCULARON E... AS CONTAS SAÍAN,

EFECTIVAMENTE, Π ESTABA AÍ.

O PICCIONARIO QUE FIXERON NA CLASE DE PRIMEIRO CURSO QUEDOU ESPECTACULAR.

A DE PALABRAS QUE LEVAN PI NA PRIMEIRA SÍLABA...

GUSTÁRONME MOITÍSIMO AS PULSEIRAS QUE MONTARON EN SEXTO CON CONTAS DE CORES SEGUINDO OS AS CORES DOS DÍXITOS DO NÚMERO PI.

MONTARON TAMÉN UN MURAL COAS PRIMEIRAS CIFRAS DE PI ARREDOR, NO CORREDOR DE ARRIBA.


DÉIXOVOS UN ENLACE PARA VER UNHA PELÍCULA DE "DONALD NO PAÍS DAS MATEMÁTICAS".
APERTAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario