mércores, 26 de abril de 2023

Visita ao centro de día Boas Apertas

Logo de facer a entrevista na biblioteca, unha parte do grupo de voluntari@s desprazáronse ata Arcade

  para devolver a visita e compartir unha xornada no Centro de Día Boas Apertas cos usuarios.

Logo dos saúdos cos que foran ao colexio, dispuxeron todo para comezar cos contos.

 Un conto de lobos  foi a primeira historia que contaron Marta e Lola con Xiana e Daniela que ían ensinando os monicreques que fixeron para este conto.

Continuaron Sara e Daniela contando a historia de  Ire , a bolboreta.

A terceiro conto foi da man de Diego e Lucía que contaron a dúas mans a historia de 

 Daniela pirata e a bruxa Sofronisa. 

Por último, presentaron un par de experimentos  solicitando a axuda de usuari@s do centro.

Explicaron como hinchar un globo sen soplar,

Silvina, Carmen e Francisco axudaronlles.

No segundo experimento escribiron con tinta invisible unha mensaxe.

Carmen e Francisco colaboraron con elas.

Para rematar a xornada no centro,

 pasaron un bo rato xogando ao parchís,

 ao futbolín, 

ao billar, 


e a un par de xogos máis.

Pasárono bomba compartindo este momento de lecer interxeracional.

Antes de volver ao colexio inmortalizamos o momento cunha foto colectiva.

Na despedida quedamos en repetir o próximo curso.

Esta experiencia vai deixar unha fonda pegada neste grupo de voluntari@s.

Confiamos que sirva para formar persoas con vontade solidaria.

https://www.instagram.com/p/CrkfCPWs5Xd/?igshid=MzA0OGM2MjU4Zg==

Ningún comentario:

Publicar un comentario