domingo, 30 de abril de 2023

Libros para xogar!

   OOOOLA!! 

CHEGOU O MOMENTO DE VER O TRABALLO QUE FIXEMOS PARA  O SALÓN ESTE CURSO.

ONTE FOMOS EN BUS A PONTEVEDRA, AO PAZO DE CULTURA.

MERENDAMOS ESPERANDO QUE CHEGARA A NOSA QUENDA,

XOGAMOS UN POUQUIÑO E FIXEMOS FOTOS CON ORBIL QUE ESTABA NA EXPLANADA

ATA QUE CHAMARON POR NÓS NA ENTRADA.

ACHEGÁMONOS Á  PORTA PORQUE ORBIL...

 
ESTABA  ESPERANDO  POR  NÓS  DENTRO!!!

QUE BEN O FIXESTES NENAS E NENOS DA CLASE DE TRES ANOS, NON VOS ASUSTASTES NADIÑA.

ESTOU MOI LEDO, QUE SORTE PODER ESTAR OUTRO ANO MÁIS CO MEU AMIGO ORBIL NO PAZO DA CULTURA.

LOGO DOS SAÚDOS, COMEZAMOS A VISITA COS MONITORES DO SALÓN.

MIRAMOS A MAFALDA NA ENTRADA

AS CLASES DE 4º E 5º DE INFANTIL FORON CON VANE, E A DE 6ºI E 1º DE PRIMARIA CON PABLO.

 CHULA, NON SI?
ESTABA ESPERÁNDONOS    DIEGO A. RUIZ 

 FIXEMOS VARIOS XOGOS CON EL,

 CANTAMOS,
 BAILAMOS,
 

E ESCOITAMOS CON ATENCIÓN, UNHA MOREA  DE CONTOS CHULÍSIMOS CON “NIÑA BONITA” E 

TITO Y PEPITA E EL FLAMENCO CALVO DE Amalia  Low.
 
CANDO DIEGO REMATOU A ACTIVIDADE, O ALUMNADO FOI PERCORRENDO O RECINTO
 VISITANDO AS DIFERENTES SALAS
MÁIS RÁPIDO DO QUE QUERIAMOS,
PERO TEMPO HOUBO PARA XOGAR MÁIS
PERO HAI QUE VIR CON TEMPO E COA FAMILIA PARA PODER GOZAR DE TODO O QUE ALÍ HAI E 
 
 CO RESPECTO QUE MERECEN TODOS OS TRABALLOS PRESENTADOS

A SÚA VEZ, O ALUMNADO DE 2º E 4º DE PRIMARIA PUIDO FACER DA MAN DE ANXO FARIÑA

UN OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN NO QUE  

ADEMAIS DE APRENDER VARIADAS TÉCNICAS,
 GOZARON MOITO COA ACTIVIDADE PROGRAMADA.
LOGO DA VISITA, XUNTÁMONOS NA SALA DE LECER, ONDE ESTABAN OS TRABALLOS DOS COLEXIOS,
 O NOSO ALGO AVERIADO,FALTABAN ALGUNHAS PEZAS.
 TAMÉN HABÍA UN LABIRINTO ENOOORME.
MIRAMOS A RODALIBROS, QUE XA VIMOS NA PRAIA DA XUNQUEIRA DE PONTESAMPAIO O DOMINGO 22, PERO... CHEGAMOS ATA ELA DUN XEITO MOI PARTICULAR
 E DE VOLTA PARA O COLE DE NOVO.
 DESTA VEZ  PÓDESE DICIR QUE XOGAR,
  XOGAMOS  A  REO!  
O CURSO QUE VEN, MÁIS.
APERTAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario