luns, 1 de maio de 2023

O MAIO 2023

  OOOOLA!

VAIA MAIO QUE NOS QUEDOU!!

NÓTASE QUE IMOS COLLENDO RITMO CURSO A CURSO.

PERO NON VAIADES PENSAR QUE ESTO É CHEGAR E ENCHER...
NESTE MAIO HAI MOOOITO TRABALLO.
PRIMEIRO DE TODO HOUBO QUE FACER A NOTA PARA AS FAMILIAS , PORQUE ONDE IMOS IR SEN MATERIA PRIMA?
XA DESDE ONTE FORON CHEGANDO  FLORES E FIÚNCHO.
 HOXE HABÍA PARA ESCOLLER. 
ASÍ DE PRECIOSO QUEDOU.

COMEZAMOS O TRABALLO COOPERATIVO REPARTINDO TAREFAS:
CORTAR E ENFIAR CON ARAME PAMPULLOS E MARGARIDAS 
PARA FACER AS GRILANDAS.
TAMÉN HABÍA GRILANDAS DE CALAS
O ALUMNADO DE 5º E 6º CURSO  FOI O ENCARGADO DE ENFIAR O FIÚNCHO 
PARA FACER A BASE E DA MONTAXE DO MAIO
COA AXUDA DO PROFE AVELINO E  DE JOSE, QUE FIXO A BASE DO  MAIO  DO NOSO COLEXIO.
COAS GRILANDAS QUE NON SE USARON...

E POR FIN CHEGOU O MOMENTO DE ESCOITAR AS COPLAS QUE PREPARARON NO TERCEIRO CICLO
PRIMEIRO LEVARONO AO PATIO CON MOITO COIDADO
AGORA A PRIMEIRA COPLA
LOGO DE CANTALO POSAMOS POR GRUPOS DIANTE DO NOSO MAIO.
MIRADE QUE GRUPOS MÁIS FLORIDOS TEMOS!
AÍ TEDES  DE MAIOR A MENOR TODAS AS CLASES:
6º CURSO DE PRIMARIA

5º CURSO DE PRIMARIA

4º CURSO DE PRIMARIA

3º CURSO DE PRIMARIA

2º CURSO DE PRIMARIA

1º CURSO DE PRIMARIA
6º CURSO DE INFANTIL
5º CURSO DE INFANTIL
4º CURSO DE INFANTIL
O CURSO QUE VEN FAREMOS OUTRO MAIO.
APERTAS!!
https://www.instagram.com/p/CroVoOyshhU/?igshid=MzA0OGM2MjU4Zg==

Ningún comentario:

Publicar un comentario