QUE BEN QUE VIÑERA OUTRA VEZ ANXO MOURE.
VIÑERA HAI UNS ANOS POLO COLEXIO E LEMBRABÁMONOS DEL CON MOITA LEDICIA.
ESTE MARTES ANXO ACOMPAÑOUNOS A FACER UN TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO QUE PASA A CARÓN DO NOSO COLEXIO. O CAMIÑO INGLÉS.
TODO O MUNDO LEVABA CADANSEU CHALECO E GORRA.
COMO NON ESTABA CLARO SE ÍA CHOVER OU NON, ANXO FIXO UNHA
ANIMACIÓN NA ENTRADA DO COLEXIO,
PARTICIPOU NESTA ANDAINA TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL MAILO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
ANXO FOI LEVANDO A RAPAZADA DE INFANTIL NO SEU CICLOBIBLIOTECA POR
QUENDAS POR TODO O TRAMO.
FORON TODO O PERCORRIDO PESCUDANDO AS CUNCHAS COAS
FRECHAS QUE MARCABAN O CAMIÑO.
ATOPÁRONSE CON PEREGRIN@S TODO O TEMPO E NON PARABAN DE
DESEXARLLES BO CAMIÑO!
ANTES DA ANDAINA E
CANDO CHEGAMOS A POZO NEGRO UN POUCO MÁIS.
LEVAMOS UN PASAPORTE NO QUE ESTABAN OS DISTINTOS LUGARES
POLOS QUE PASAMOS E TIÑAN QUE LOCALIZALOS.
LEVÁRONO PARA CASA
CUN SELO DE TER FEITO O TREITO DO CAMIÑO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario