Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 2 de xuño de 2023

VEXO, VEO XACOBEO

OOOOLA!! 

QUE BEN QUE VIÑERA OUTRA VEZ ANXO MOURE. 

VIÑERA HAI UNS ANOS POLO COLEXIO E LEMBRABÁMONOS DEL CON MOITA LEDICIA.

ESTE MARTES ANXO  ACOMPAÑOUNOS A FACER UN TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO QUE PASA A CARÓN DO NOSO COLEXIO. O CAMIÑO INGLÉS.

TODO O MUNDO LEVABA CADANSEU CHALECO E GORRA.

COMO NON ESTABA CLARO SE ÍA CHOVER OU NON, ANXO FIXO UNHA ANIMACIÓN NA ENTRADA DO COLEXIO,

PARTICIPOU NESTA ANDAINA TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL MAILO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

ANXO FOI LEVANDO A RAPAZADA DE INFANTIL NO SEU CICLOBIBLIOTECA POR QUENDAS POR TODO O TRAMO.

FORON TODO O PERCORRIDO PESCUDANDO AS CUNCHAS COAS FRECHAS QUE MARCABAN O CAMIÑO.

ATOPÁRONSE CON PEREGRIN@S TODO O TEMPO E NON PARABAN DE DESEXARLLES BO CAMIÑO!

 ANTES DA ANDAINA E CANDO CHEGAMOS A POZO NEGRO UN POUCO MÁIS.

LEVAMOS UN PASAPORTE NO QUE ESTABAN OS DISTINTOS LUGARES POLOS QUE PASAMOS E TIÑAN QUE LOCALIZALOS.

 LEVÁRONO PARA CASA CUN SELO DE TER FEITO O TREITO DO CAMIÑO.

ESTA CAMIÑADA É O PRODUTO FINAL DO PROXECTO CONTAMOS NO CAMIÑO. 
 
APERTAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario