venres, 5 de abril de 2024

VISITAS BOAS APERTAS e ESCOLA I. de SOUTOMAIOR

     OOOOLA!! 

HOXE TIVEMOS UNHA SAÍDA TAN ESPECIAL COMO ESPERADA.

XA HAI OITO ANOS QUE COMEZAMOS A COLABORACIÓN ENTRE O ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA E O CENTRO DE DÍA “BOAS APERTAS” MAILA “ESCOLA INFANTIL DE SOUTOMAIOR” PARA COMPARTIR UN POUCO DO SEU TEMPO TANTO COS MAIORES COMO COS MÁIS CATIVOS DA NOSA CONTORNA REALIZANDO CON ELES ALGUNHA ACTIVIDADE.

COMEZAMOS CUN PASEO DENDE O COLEXIO ATA A ESCOLA INFANTIL DE SOUTOMAIOR EN ARCADE.COMPARTIRON A PRIMEIRA PARTE DA XORNADA COA RAPAZADA MÁIS PEQUENA CONTANDOLLES UNHA CHEA DE CONTOS.

" DE ONDE VEN A CACA? "  

 "UNHA  CÓXEGA  MÁIS"   

   VOY  A  COMEDTE!!     

   " A  SOPA  QUEIMA "    

ALGÚNS CONTOS CON MONICREQUES, OUTROS NARRADOS. ATA CONSEGUIRON QUE

  ALGÚN DELES SE ACHEGARA E PARTICIPARA NA HISTORIA.

A CONTINUACIÓN DIRIXÍMONOS ATA A ALAMEDA TALO RÍO PARA COMPARTIR UNHA XORNADA DE XOGOS COAS PERSONAS USUARIAS DO CENTRO DE DÍA “BOAS APERTAS”.

COMO XA SABÍAN QUE O PROXECTO ANUAL DO COLEXIO XIRABA ARREDOR DAS OLIMPÍADAS, O PERSOAL DO CENTRO PREPAROU UNS XOGOS ADAPTADADOS PARA QUE OS EQUIPOS DE VOLUNTARI@S XUNTO COAS USUARIAS FORAN ROTANDO NOS XOGOS.

AXUDARON AOS MAIORES NAS DISTINTAS PROBAS QUE TIÑAN DIFERENTE DIFICULTADE.

CANDO REMATARON OS XOGOS @S VOLUNTARI@S FORON  AGASALLADOS CUNHAS COPAS FEITAS POR ELES NO CENTRO DE DÍA.

CONTAMOS CONTINUAR PARTICIPANDO NESTAS DÚAS ACTIVIDADES O CURSO QUE VEN.

QUEREMOS AGRADECER AO PERSONAL DOS DOUS CENTROS A OPORTUNIDADE QUE NOS PRESTAN ANO TRAS ANO.

DEICA   LOGO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario