martes, 29 de abril de 2025

"Os máis pequenos contan"

Finalmente, este venres chegou o día dunha saída tan especial como esperada por todos os Voluntarios da Biblioteca do colexio, pola que preguntan todos os cursos ao anotarse para axudar na biblio.

 Rumbo a Arcade dando un paseo. 
Xa van nove anos que o primeiro grupo foi por primeira vez ata o Centro de Día Boas Apertas e á Escola Infantil "A Galiña" de Soutomaior , ámbalas dúas en Arcade.

 Mirando ao colexio no fondo. 

A idea é compartir un pouco de tempo tanto cos maiores como cos máis cativos da nosa contorna realizando todos xuntos algunha lectura e outras actividades.

  Diante da Escola Infantil. 

Comezamos a actividade indo a pé á Escola Infantil onde por parellas foron lendo algúns contos con moito teatro e facendo participar a cativada alí presente.

Un ano máis as voluntarias foron recibidas con moito agarimo nos dous centros.

Comezaron Mariña Eylín.
escolleron para contar: ¿Estás aí, monstro? ,
 
un conto con texturas que lles encantou.
Continuaron Andrea e Carla coa historia “Unllas de mexilón” de José Carlos Andrés.
Contaron o conto con monicreques e mesmo lles cortaron as unllas diante deles.

Presentación de Arantxa e Sofía. 
Arantxa e Sofía prepararon ”A pantasma das bragas rotas”
Fixeron unha pantasma de tea para dramatizar mellor a contada.

Ao rematar a historia amosáronlle o monicreque aos cativos.

Quixeron un conto máis e leronlles o conto de 

”A vaca que puxo un ovo” da súa biblioteca.

E logo de pasar unha sesión moi especial, sobretodo para as voluntarias de 5º curso, chegou a despedida ata o curso que ven.

Agradecemos a colaboración de todo o persoal da Escola Infantil para levar a cabo esta gratificante actividade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario