Finalmente, este venres chegou o día dunha saída tan especial como esperada por todos os Voluntarios da Biblioteca do colexio, pola que preguntan todos os cursos ao anotarse para axudar na biblio.
![]() |
Rumbo a Arcade dando un paseo. |
![]() |
Mirando ao colexio no fondo. |
A idea é compartir un pouco de tempo
tanto cos maiores como cos máis cativos da nosa contorna realizando todos xuntos
algunha lectura e outras actividades.
![]() |
Diante da Escola Infantil. |
Comezamos a actividade indo a pé á Escola Infantil onde por parellas foron lendo algúns contos con moito teatro e facendo participar a cativada alí presente.
Un ano máis as voluntarias foron recibidas con moito agarimo nos dous centros.
Ao rematar a historia amosáronlle o monicreque aos cativos.
Quixeron un conto máis e leronlles o conto de
”A vaca que puxo un
ovo” da súa biblioteca.
E logo de pasar unha sesión moi especial, sobretodo para as voluntarias de 5º curso, chegou a despedida ata o curso que ven.
Agradecemos a colaboración de todo o persoal da Escola Infantil para levar a cabo esta gratificante actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario