martes, 20 de xuño de 2017

Recomendacións lectoras

OOOLA!!!  
XA QUEDA MENOS PARA AS VACACIÓNS.
APROVEITADE O TEMPO, E PARA TODOS ESES MOMENTOS QUE TEMOS AO LONGO DO VERÁN DÉIXOVOS ESTA ESCOLLA DE LECTURAS.

BOAS VACACIÓNS!!!!

sábado, 17 de xuño de 2017

Dálle á língua/Onda Cero

OOOLA!!!   

¡¡ATENDEDE TODOS!!:
XA SEI CANDO SAEN NA RADIO AS VOSAS GRAVACIÓNS.
COMEZAN A EMITIRSE O LUNS 19 DE XUÑO ATE O VENRES 23.
CONTINUARÁN AO LONGO DE TODA A SEMANA.
O HORARIO DE EMISIÓN SERÁ
 DE LUNS A VENRES A PARTIR DAS 11:50 DA MAÑÁ APROXIMADAMENTE
PODÉDELO ESCOITAR  EN DIRECTO:
NO DIAL 103.6 FM (Onda Cero Pontevedra)
NA APP ou
NA INTERNET: RADIO ONDA CERO | Directo


mércores, 14 de xuño de 2017

A GALIÑA AZUL / BOAS APERTAS

Hoxe, un grupo de Voluntarias da Biblioteca fixeron unha actividade doble de lecturas compartidas na contorna.

Auria, Paula, Miki, Érika e Yaiza diante da escola infantil
Foron a Arcade. Primeiro a Escola Infantil A GALIÑA AZUL,cos máis cativos.
VVisitaron as súas aulas, falaron cos nenos e nenas que alí estaban.

Levaron o necesario para montar un pequeno escenario co muro que fixeran, unha cociña e os seus patinetes. 
Logo, xa na sala grande da escola,
dramatizaron para todo o alumnado a obra Lolo anda en bicicleta de Carlos Casares que prepararan na Biblioteca facendo a súa propia adaptación: Lolo anda en patinete

  Sentíronse tan acollidos, aplaudironlles tanto que houbo un extra,  contaronlles o conto Os tres porquiños.
Pasárono bárbaro os máis cativos e os"grandes".
Unha vez rematada a actividade na escola infantil acudiron á cita que tiñan dende o ano pasado, cos maiores  no centro BOAS APERTAS.
                  Estaban a esperar por elas.
              Presentáronse, falaron cos maiores, 
             montaron de novo o seu escenario  
               dramatizaron a súa versión de 
               
LOLO ANDA EN BICICLETA.
Tiñan preparados uns agasallos para elas: unhas bolsas de chuches "ben chulas" feitas no centro para esta ocasión.
Compartiron uns momentos moi entrañables e con boas ensinanzas para todos nós.

Graciñas ao persoal da Galiña Azul e de Boas Apertas por facilitarlles esta marabillosa experiencia.

mércores, 7 de xuño de 2017

Mércores de conto

Fenomenal!
Outra sesión máis inesquecible na biblioteca.
A sesión desta tarde, a pesar da tardiña de praia que tivemos, estivo bastante concurrida.
Manuel, o pai de Celia, conseguiu que esta tarde fora outra vez de conto. 
  “El saco de los cuentos mágicos” non tiña fondo.

Os máis cativos, un a un, foron quitando do saco os contos que Manuel despois narraba.
  Fixo que todo o mundo participase  das historias facendo maxia para que se abriran os contos. Unhas veces soprando, outras tocando o nariz e mesmo o pelo.

Contou varios  historias:  de chupetas “A LÚA LADROA”, sen fin como  “UN BICHO EXTRAÑO”, unha de lobos “QUE LLEGA EL LOBO” e por último unha de pontes e chivas “CHIVOS, CHIVÓNS”.

O equipo da biblioteca agradece a colaboración da familia Martín-Camacho López.
"Graciñas Manuel"

sábado, 3 de xuño de 2017

PONTEENCIENCIA

Despois de meses artellando distintos modelos para confirmar a hipótese de se o movemento 
perpétuo existía ou non, o resultado foron estes artefactos que aquí vos amosamos.
 O xoves quedou montado o stand do proxecto do colexio:
"A mentira do movemento perpétuo".
Onte  foi a presentación do proxecto ante o xurado. E unha chea de actividades e experimentos para todos os colexios participantes.
Hoxe foi a xornada dos proxectos das familias e de acceso libre ao público en xeral.
Gañamos o premio Francisca Herrera Garrido de ciencia no cole.
Todos e todas levaron cadanseu diploma de participante.
Levamos un diploma, un castiñeiro e un xogo de cartas para o colexio.
Agora exporemos para o colexio o noso proxecto.
NORABOA POLO TRABALLO FEITO!

Educación Vial e Pontevedra Viva radio.

¡¡Que xornada máis completa tiveron os alumnos e alumnas da clase de 5º e 6º de primaria!!


 A primeira hora marcharon a Pontevedra ao circuito de Educación Vial que ten en Mollabao a Policía Local de Pontevedra. Alí puxeron en práctica todo o aprendido na escola.


Despois dunha charla inicial de formación, comezou a posta en práctica do aprendido. Fixeron de peóns, ciclistas, condutores por quendas.

Foi unha actividade da que esperamos que queden interiorizadas as boas maneiras de circular polas rúas, beirarúas e estradas.


Boa viaxe!


Eiquí tedes unha pequena mostra do acontecido.
                         Ollade que caras!!
A cousa é que despois de conducir, foron de visita á redacción de Pontevedra Viva radio. 

Despois de ver como era aquelo, gravaron un programa entrevista moi entretido e interesante. Como non foi en directo, avisaremos cando o retransmitan.

Graciñas a Policía Local de Pontevedra e ao equipo de Pontevedra Viva radio.

venres, 2 de xuño de 2017

Concurso Educación Vial

OOOLA!!!
NON O PODO CRER!!!
¿SABEDES QUEN GAÑOU UNHA BICICLETA NO CONCURSO DE EDUCACIÓN VIAL?
POIS SÍ, OUTRA VEZ EDURNE.
ESTOU MOI LEDO DE QUE VOS ANIMÁRADES A PARTICIPAR.
DEIXO OS VOSOS TRABALLOS PARA QUE OS LEADES E POÑADES EN PRÁCTICA OS CONSELLOS.

TWETS DE IKER LORENZO
DEBUXO DE MIKI 
E  O RELATO GAÑADOR:
REDACCIÓN DE EDURNE
XA SABEDES:
SACADE SOBRESAÍENTE EN EDUCACIÓN VIAL.

PRESTA ATENCIÓN, E SEGUE AS NORMAS.

xoves, 1 de xuño de 2017

Concurso Axencia Tributaria

OOOLA!!!
DEIXO AQUÍ, PARA QUE O LEADES O RELATO CO QUE EDURNE FAJARDO GAÑÓU O CONCURSO DA AXENCIA TRIBUTARIA.

¡¡¡ NORABOA !!!

"CONTINÚA ESCRIBINDO".