mércores, 29 de maio de 2019

VISITA AO ALBERGUE


Dentro do proxecto anual deste curso O Camiño de Santiago, Tino Lores falaranos do Albergue de Pontevedra, e tiñamos a inquedanza de visitar e ver por dentro como era un dos albergues onde dormen as persoas que fan o Camiño.
A ocasión presentouse como un gran acontecemento para a nosa contorna, xa que temos a sorte de contar cun novo establecemento en Ponte Sampaio: “O MESÓN”, un Albergue turístico na rúa que lle da o nome.

Todo o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria participou nesta actividade.

Esta visita fixémola grazas á colaboración de Tomás, o pai de dúas alumnas do colexio que se prestou amablemente a ensinarnos o seu establecemento.



Contounos que pasaban peregrin@s de moitas nacionalidades, moitos portugueses, xaponeses,… e que se entendían falando sobre todo en inglés. Moitos xa fixeran antes o camiño francés, e bastante xente viaxaba  en solitario, coñecendo a outras persoas polo Camiño.
Ensinounos a cociña, a sala de estar, a recepción, as literas, as taquillas, os baños,...


Marie é unha peregrina francesa que botara andando 47 días e percorridos uns 1.200 quilómetros andando seguido. O martes levaba unha  semana aloxada no albergue despois da súa andaina. Accedeu a falar no local para o alumnado do colexio facendo un pequeno resumo da súa longa viaxe e contestando tamén con gran amabilidade as cuestións que xurdían ao longo do seu relato.


Á vez que faciamos a visita chegou un novo peregrino italiano e prestouse para que viran o que acontece cada vez que chega un novo peregrino ao albergue.
A mochila pesaba moito.
O folleto está na entrada.

Xa solicitaramos a Tomás axuda para contarlle
aos clientes que o noso colexio estaba a traballar o Camiño, por se colaboraban deixando escritas unhas palabras nun folleto feito por nós, e recoller historias da súa viaxe e editar con elas o décimo número do boletín escolar A VOZ DO VERDUGO. Está na recepción e xa ten algunha historia escrita.
 
Graciñas Tomás pola túa colaboración.

luns, 27 de maio de 2019

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS


Esta semana intensa, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria tiveron un obradoiro sobre as emocións.
 
Viñeron tres voluntarias da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). 
Explicaronlles para que era a súa organización. 

 Traballaron co alumnado as distintas emocións a través de xogos, dramatizacións e visionado de cortes da película “Inside out” como podían facer para ser quen de contrar eses sentimentos e que non os contralaran a eles e elas.

Aportaron materiais didácticos da súa organización  para traballar as emocións nas aulas.

martes, 21 de maio de 2019

Merendando con Pan de Millo

OOOLA!! 
REMATAMOS AS ACTIVIDADES AO REDOR DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON MÚSICA.
QUE BEN O PASAMOS CO GRUPO MIGALLAS NO TEATRO DO SEXTO EDIFICIO DO MUSEO DE PONTEVEDRA!
CHEGAMOS CEDO, MERENDAMOS ÁS PORTAS DO MUSEO, SENTAMOS DIANTE DE TODO E PUIDEMOS FALAR ANTES DO ESPECTÁCULO CON MARÍA e CARLOS.

AÍNDA TEÑO GAÑAS DE COMER PAN DE MILLO DESPOIS DE CANTAR E BAILAR AS CANCIÓNS DE MIGALLAS QUE APRENDESTES NO COLEXIO: 
MIÑA ABUELA MANUELA, PAN DE MILLO,…

PREME NOS TÍTULOS PARA ESCOITAR ALGUNHAS DAS SÚAS CANCIÓNS.

DÉIXOVOS UN RESUMO EN IMAXES

ATA LOGUIÑO!

venres, 17 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

 Se o mércores os protagonistas foron os maiores de Boas Apertas, onte o protagonista  foi o alumnado  máis pequeno do colexio.
Finalizamos o xoves as actividades da Semana das Letras Galegas no colexio cun entrañable acto no que o alumnado de 1º de Primaria fixo unha magnífica representación da vida de Antonio Fraguas Fraguas dende o nacemento ao seu pasamento.
Participaron todas e todos apoiándose nunha montaxe audiovisual. 
Houbo narradoras e narradores, actrices e actores que contaron e representaron a súa vida dende o Antón máis neno ata o Antón máis velliño moi ben caracterizados, Garda Civil incluída.

Cautivaron a todo o público que seguiu a obra con gran atención, facendo máis dun papel con cambio de vestiario incluído.
Esta clase ten madeira de artistas.
Que ben o fixestes!
Noraboa á clase de primeiro pola obra.
Continuaron  recitando o poema de O casamento da mosca e a pulgaestreándose a clase de tres anos.
Antes do vídeo, os "maiores" de infantil recitaron "O raposo" lucindo as súas carautas.
A continuación, visionamos o vídeo que fixeron no IES de Cotobade "Antonio Fraguas e os seus mestres".

O alumnado de sexto curso elaboróu un traballo sobre a súa  vida, pero en versión Banda Deseñada.

  Repartíuse entre toda a Comunidade Educativa.
Aí volo deixamos:




mércores, 15 de maio de 2019

Os maiores veñen ao colexio

Hoxe cambiou o conto na biblioteca!
Viñeron de visita seis maiores do Centro de Día BOAS APERTAS ao noso colexio.
Estiveron traballando nun mural colaborativo co alumnado de primeiro de primaria.
No Centro de Día estiveron traballando o Camiño de Santiago para logo facer este obradoiro en conxunto co alumnado.
As nenas e os nenos foron rotando para cortar, pintar, trenzar e pegar con todos maiores e elaborar así un magnífico mural sobre o Camiño.
Distribuímos as mesas na biblioteca de xeito que puideran circular mellor nos cambios de actividade.
O produto final desta colaboración inclusiva, foi un  fantástico mural do Camiño de Santiago e un entrañable encontro que, sendo o primeiro, non ha ser o último.
Despedímonos de cara a unha próxima reunión.
Queremos agradecerlle ao persoal do centro Boas Apertas por facer posible este memorable encontro.

martes, 14 de maio de 2019

Tino Lores

Tino Lores, presidente de la Asociación Amigos do Camiño Portugués de Pontevedra veu onte ao colexio para falar da súa experiencia como peregrino e levando o Albergue de Peregrinos de Pontevedra.
Deixou moi claro que o camiño comeza moito antes de botarse a andar
Credencial
Hai que programar as etapas, pescudar información e a localización dos albergues, decidir que equipaxe levar e conseguir a credencial de peregrino sen a cal non se pode durmir nos albergues públicos do camiño.
Ensinounos unha das súas credenciais e informounos que non se pode conseguir a Compostela sen ter a credencial debidamente cuberta e con todos os selos.
A Credencial podémola conseguir en parroquias, confrarías, albergues do camiño ou asociacións de amigos do camiño que teñan permiso da  catedral de Santiago.
Compostela 

Se queremos conseguir a Compostela temos que cumprir uns requisitos mínimos:
percorrer  a pé ou a cabalo 100 quilómetros,  200 se vas en bicicleta e ter dous selos por día.
Contestou todas as preguntas que lle fixeron os maiores.
Un par de nenos de infantil fixeron con el unha representación dun peregrino chegando para poñerlle o selo á credencial.


Graciñas Tino por compartir o teu tempo con nós.



luns, 13 de maio de 2019

Anxo Moure

O escritor Anxo Moure pasou hoxe polo colexio.
Para facelo máis accesible a todo o alumnado, repartimos esta actividade en tres quendas que se desenvolveron en tres espazos do colexio ao longo da mañá.
Comezaron os tres primeiros cursos de primaria na biblioteca. A sesión rematou no patio bailando e dándolle apertas ás árbores do colexio.
A continuación, o alumnado de infantil comezou a súa quenda con Anxo na aula de tres anos.
Xa logo do recreo comezaron a actividade os cursos de 4º, 5º e 6º de primaria, máis xa comezaron a carón do salgueiro chorón do patio, a súa sombra.
Nas distintas quendas Anxo fixo un percorrido polo Camiño de Santiago, contando as historias do “Carballo con botas”, de “Caramulo”, da música das árbores, … todas fomentando o respecto á natureza,  a importancia do coidado e protección do medio ambiente, da reciclaxe e da música como unha lingua máis.
Todo o alumnado e o profesorado pasou a mañá gozando desta actividade  instrutiva, participativa e moi inclusiva. Na que todas as árbores do patio: o salgueiro chorón, as moreiras, os carballos, as camelias,… levaron máis de unha aperta das nenas e nenos do colexio que a partir de agora van a miralas doutro xeito.
Graciñas Anxo por este día tan agarimoso.

xoves, 2 de maio de 2019

MELLORA PATIO

OOOLA!!

TRAIOVOS  UN PINCO-RETO ESPECIAL.

XA SEI QUE VOS GUSTA MOITO O AREAL DO PATIO. CONSEGUÍMOLO  DESPOIS DE ANDAR TRAS EL HAI MOITO TEMPO,
  E   AÍ   ESTÁ,  MAIS...
E NO PATIO DE PRIMARIA?

ESTOU A DARLLE VOLTAS Á CABEZA, MATINANDO PARA QUE SEXA MÁIS ATRACTIVO.

TEÑO VARIAS IDEAS NA MIÑA CABEZA, MAIS COMO É PARA VOS:

QUE VOS PARECE SE ME BOTADES UNHA MAN?
SODES OS/AS QUE MELLOR SABEDES O QUE  VOS GUSTA.
PRECISO AS VOSAS SUXERENCIAS.

QUE VOTADES DE MENOS?

QUE POÑERÍADES?

COMO CREDES QUE MELLORARÍA O PATIO DE XOGOS?

DÁDELLE UNHA VOLTIÑA E PENSADE QUE VOS GUSTARÍA TER PARA APROVEITALO MELLOR E TER ESPAZOS DE XOGOS NOS RECUNCHOS DO PATIO.

¡¡PROPOÑEDE IDEAS PARA MELLORALO!!
“TODAS AS SUXERENCIAS SERVEN”

PARA QUE VOS FAGADES UNHA IDEA, DÉIXOVOS UN PLANO DO COLEXIO.

O RETO É CONSEGUIR UN PATIO DE XOGOS 
"FAN-TÁS-TI-CO".

CANDO TEÑADES ALGUNHA IDEA PARA O CAMBIO ESCRIBÍDEA "BEN CLARIÑA", PÓDEDES COMENTALO NA CASA.

O BUZÓN DE SUXERENCIAS ESTÁ ESPERANDO.

O  PATIO DO MEU COLE,
 É MOI PARTICULAR.
PORQUE...

ATA LOGUIÑO!

mércores, 1 de maio de 2019

OS MAIOS

OOOLA!!
MIRADE QUE MAIO TAN VISTOSO E COLORIDO FIXEMOS ENTRE TODOS ONTE Á MAÑÁN!
COMO NON PODÍA SER DOUTRA FORMA, UNHA CUNCHA DE PEREGRINO COROABA O CUMIO.

NA NOTA QUE FIXESTES PARA CASA QUEDOU MOOI CLARIÑO O QUE PRECISABAMOS XA QUE TIÑAMOS PAMPULLOS, CALAS, FIUNCHOS, OVOS, LARANXAS,... TODO O PRECISO PARA MONTAR UN FANTÁSTICO MAIO.
¡COMO ARRECENDÍA TODO O COLEXIO!
O XIMNASIO PARECÍA QUE ESTABAMOS NO CAMPO DE TANTO VERDE DO FIUNCHO.



 E LOGO SEGUIRON OS NENOS E NENAS DE INFANTIL PREPARANDO OS PAMPULLOS E MARGARIDAS PARA ENFIAR AS GRILANDAS COS MAIORES.



GUSTOUME MOITO QUE TRABALLARADES EN EQUIPOS, AXUDANDO E APRENDENDO MAIORES A PEQUENOS.
DEIXAMOS TODO RECOLLIDO, LEVANDO AO COMPOSTEIRO OS RESTOS.
CANTAMOS NO PATIO A CANCIÓN  "MAIO" DO GRUPO  HABELAS HAINAS  DA PROFE SANDRA
(ESCOITA A CANCIÓN!).
QUEDOU NO PATIO DE ENTRADA PARA QUE TODO O QUE QUIXERA GOZARA DEL.
..SAÍMOS NA PRENSA:  PontevedraViva

GRACIÑAS POLA COLABORACIÓN.

 ATA LOGUIÑO!